Secretaría Uvigo

Moovi (moodle 2020/2021)

Podes pórte en contacto connosco no correo soporte.moovi@uvigo.gal

Por favor, intenta aportar a información imprescindible para poder atender o teu caso (código da materia, plataforma empregada etc.).

Se necesitas atención telefónica indícanos o teu número de teléfono.

Lembra consultar primeiro as FAQs que están nesta sección, nas que están resoltas moitas das cuestións que podes necesitar.

Ir a la FAQ

Puedes acceder desde https://moovi.uvigo.gal

Tu nombre de usuario es tu documento de identidad normalizado (con letra, pero sin puntos, espacios ni guiones) y la dirección de correo electrónico asociada es aquella con la que te has matriculado.

La primera vez que accedas deberás usar la función "¿Olvidó su nombre de usuario o contraseña?" para establecer una contraseña de acceso al aula virtual. Debes proporcionar o bien tu correo-e o bien tu documento de identidad normalizado (con letra pero sin espacios, puntos, guiones, etc.).

Recibirás un correo electrónico con las instrucciones para establecer una nueva contraseña de acceso.

Ten en cuenta que:

  1. El correo electrónico que recibes caduca a los 30 minutos. Pasado ese tiempo deberás solicitar el envío de otro correo
  2. Si no sabes cual es tu dirección de correo en Moovi puedes actualizarlo según "¿Cómo puedo actualizar mi cuenta de correo en Moovi?"
  3.  

Ir a la FAQ

No, debido a motivos técnicos la infraestructura de Moodle es completamente independiente de FaiTIC, por lo que no se pueden utilizar los datos de acceso a FaiTIC.

Ir a la FAQ

Durante el curso 2020/2021 se seguirá manteniendo la plataforma Claroline dentro de FaiTIC para permitir que el profesorado pueda planificar con tiempo la migración a Moovi.

Será el último curso en el que se creen cursos nuevos en FaiTIC y sólo para aquellas asignaturas que ya estaban en Claroline en el curso 2019/2020. Aunque durante el curso 2020/2021 se pueda seguir usando Claroline, recomendamos que el profesorado pase a usar Moovi cuanto antes.

En caso de Moodle, ya no se ofrecerá a través de FaiTIC, la única posibilidad será usar Moovi, disponible en https://moovi.uvigo.gal.

Ir a la FAQ

Actualmente non existe ningún sistema para importar nun único paso os materiais de FaiTIC-Claroline a MooVi, xa que son plataformas con formatos incompatibles. Non obstante, para axudar ao profesorado a pasar os contidos e as preguntas entre plataformas, vimos de implementar unha ferramenta de exportación de preguntas e unhas guías de axuda. 

  • Exportar/importar preguntas de Claroline a Moodle
  • Migrar documentos de Claroline a Moodle

En caso de dúbidas ou incidencias durante a importación ou exportación, contacta con
soporte.moovi@uvigo.gal

Ir a la FAQ

No Servizo deseñamos un curso autoformativo (sen titorización) para o profesorado da UVigo baseado en diversos vídeos que tentan explicar o funcionamento básico da plataforma. Se che interesa inscribirte, envía un correo a soporte.moovi@uvigo.gal indicando o teu Nº de DNI ou NIE 

Ir a la FAQ

Podes acceder a MooVi desde o teu móbil empregando a App “Moodle Mobile”, dispoñible para dispositivos Android e Apple. Podes descargala gratuitamente desde os sitios oficiais:

Unha vez instalada, debes introducir a URL para conectar co MooVi (https://moovi.uvigo.gal).
A continuación, pedirache que introduzas os teus datos de acceso (o usuario/a e contrasinal que usas para acceder á páxina de MooVi). Se  introduciches correctamente os datos, aparecerache na pantalla a listaxe de materias ás que tes acceso.

Ir a la FAQ

Durante el primer cuatrimestre va a ser posible tener abierta la asignatura tanto en Moovi como en el Claroline de FaiTIC simultáneamente, si bien no recomendamos esta opción.

Es importante que el profesorado sea consciente de que tener la asignatura abierta en las dos plataformas implica que va a tener que acceder estudiantado y profesorado por dos portales independientes (https://faitic.uvigo.es y https://moovi.uvigo.gal).

Ir a la FAQ

La nueva instalación de Moodle es un Moodle estándar por lo que en internet hay multitud de documentación que puedes consultar.

Un buen punto de partida sería la página oficial de documentación de Moodle: https://docs.moodle.org/es/

Ir a la FAQ

Consutla a guía rápida de calificación na páxina oficial de Moodle (máis info).

IMPORTANTE: para definir unha fórmula no libro de cualificacións, hai que ter en conta que se traballamos con MooVi en español ou galego, hai que empregar punto e coma (;) como separador de listas nas funcións. En inglés, o separador é a coma (,).

Ir a la FAQ

Puedes copiar los contenidos de tu curso en el Moodle de FaiTIC a Moovi siguiendo estos pasos:

  1. Accede a FaiTIC y realiza una copia de seguridad de tu curso
  2. Descarga esa copia de seguridad a tu PC
  3. Accede a Moovi, selecciona tu curso y restaura la copia

IMPORTANTE: Al iniciar la restauración, en el paso 2, deberás seleccionar la opción de "Fusionar la copia de seguridad del curso con este curso".

En caso de seleccionar "Eliminar el contenido del curso actual y continuar" también se eliminarán las matrículas de los alumnos. Éstas se volverán a insertar en la siguiente sincornización, pero durante unas horas el curso no tendrá alumnos.

En la siguiente guía tienes una descripción paso a paso de todo el proceso.

Ir a la FAQ

Podes copiar os contidos dunha materia en MooVi para outra seguindo estes pasos:

  1. Accede á materia en MooVi na cal queres incorporar os contidos.
  2. Unha vez dentro, preme no menú de accións da dereita e escolle a opción «Importar».
  3. Selecciona o curso que desexas importar e preme en «Continuar» (se tes moitos cursos e non aparece na listaxe, podes buscalo no cadro de «Buscar» polo código ou nome).
  4. A pantalla «Axustes iniciais» amosa o tipo de datos a importar. Preme en «Seguinte».
  5. No paso «Axustes do esquema» debes deixar marcados os recursos/actividades que desexas importar. IMPORTANTE: desactiva o cadro do «Foro de novas» («Anuncios») para evitar duplicalo. Preme no botón «Seguinte» para continuar co proceso.
  6. Na pantalla «Confirmación e revisión» amósase un resumo dos elementos a importar. Se todo é correcto preme no botón «Facer a importación».
  7. Unha vez rematado o proceso, aparecerache unha mensaxe indicando que a importación foi realizada correctamente. Premendo en "Continuar", volves ao curso no que deberías ter importados os contidos seleccionados.

Tes a túa disposición unha guía e un vídeo coa descrición detallada de todo este proceso.

 

Ir a la FAQ

En MooVi manteranse as materias de dous cursos académicos, o actual e o anterior. Por iso, é recomendable que ao rematar o curso actual realices unha copia de seguridade das materias en MooVi para almacenalas nun lugar seguro e poder recuperalas no futuro se o precisas.

Para realizar unha copia de seguridade sigue estes pasos:

  1. Accede á materia en MooVi correspondente.
  2. Fai clic no menú de accións despregable con forma de roda, situado na parte superior dereita, e escolle "copia de seguridade".
  3. Se queres copiar todos os contidos, fai clic en "Ir ao último paso" e agarda a que saia a mensaxe "Creouse satisfactoriamente o ficheiro de copia de seguridade". En caso de só querer copiar certos contidos do curso, preme en "Seguinte" e selecciona os elementos que desexas incluír na copia.
  4. Fai clic en "Continuar".
  5. En "Área da copia de seguridade privada de usuario" aparecerá o ficheiro .mbz da copia, preme en "Descargar" para almacenalo no teu ordenador.
  6. Unha vez descargado, é moi importante por temas de espazo, eliminar as copias de MooVi. Para borralas, debes seleccionar o botón inferior "Xestionar os ficheiros de copia de seguridade". Na fiestra que se abre, aparecen os ficheiros das copias realizadas, ao premer sobre o ficheiro aparece a opción "eliminar". Por último, unha vez borrado, preme en "Gardar os cambios".

IMPORTANTE: debes xestionar as túas copias de seguridade e borralas de MooVi, xa que por temas de mantemento, en calquera momento, poden eliminarse sen previo aviso.

Na seguinte guía tes unha descrición paso a paso de todo o proceso.

Ir a la FAQ

Este bloque é moi útil para copiar recursos e actividades entre materias de MooVi de xeito rápido e sinxelo.  Os ítems poden recadarse e gardarse dentro da bolsa de recursos, servindo tamén como biblioteca de contidos dos cursos que empregas de xeito frecuente e dispoñibles para dupricarse cando o precises (máis información aquí).

  • O primeiro que debes facer é acceder á materia na que tes os contidos que desexas copiar. Unha vez dentro preme en «Activar edición».
  • Na parte inferior da esquerda , preme en «Engadir un bloque» e escolle «Sharing Cart» (coa interface en galego) ou «Bolsa de recursos» (coa interface en castelán).
  • No menú da dereita aparece un novo bloque e por cada sección, recurso ou actividade aparece unha nova icona con forma de cesta que nos vai permitir copialo ao bloque «Bolsa de recursos». É posible copiar na bolsa os recursos e actividades de xeito individual ou por sección/tema completo.
  • A medida que engades contidos a través da icona con forma de cesta, estes aparecerán dentro do bloque «Bolsa de recursos» da dereita.
  • Unha vez teñas no bloque os contidos que precisas, xa podes importar noutra materia. Para iso accede ao curso no que desexas incluír eses contidos, activa edición e engade de novo o bloque «Bolsa de recursos». Neste caso o bloque aparece co contido que copiaches do outro curso.
  • O único que tes que facer é premer na icona copiar que aparece á dereita de cada ítem que desexas importar do bloque. Cando o fagas verás que ao final de cada sección aparecen uns espazos punteados con frechas que nos permiten incorporar o contido na sección que lle indiquemos.
  • Feito isto, o recurso, actividade ou sección estará copiado na materia correspondente, mantendo as características orixinais.

Tes a túa disposición unha guía coa descrición detallada e capturas de todo este proceso.

Ir a la FAQ

Todo o profesorado en POD dunha materia debe ter acceso, se non o tes ponte en contacto connosco en soporte.moovi@uvigo.gal

Se aínda non estás en POD, debes contactar coa secretaría do teu centro para que o solucionen canto antes.  Se non estás en POD non podemos darte de alta na materia en MooVi.

Ir a la FAQ

Non, se o docente figura en POD non se pode eliminar.

Moovi importa ao profesorado do POD, polo que calquera alta ou baixa debe facerse alí.

Ir a la FAQ

Excepto para aquellas materias que lo solicitaron expresamente, los cursos en MooVi se crearon de forma que están ocultos al alumnado.

Esto ofrece dos ventajas al profesorado:

  1. Puedes trabajar en tu curso sin que el alumnado vea los cambios hasta que tu consideres que ya se puede abrir
  2. Si no vas a utilizar MooVi en el curso 2020/2021, el espacio ya no estará visbile para el alumnado

Tienes a tu disposición una guía y un vídeo de como comprobar la visibilidad de tus cursos y como los podes ocultar y hacer visibles según desees.

Ir a la FAQ

Cando accedes a MooVi cos teus datos, na opción "Taboleiro" hai un bloque de "vista xeral de cursos" no que aparecen os cursos aos que tes acceso como alumno/a ou profesor/a. Este bloque conta cun filtro para seleccionar se queres ver os cursos actuais, futuros, pasados. Tamén permite destacar ou retirar da vista as materias que desexes.

O seguinte vídeo do profesor Carlos López Ardao explica detalladamente a "Configuración da vista dos nosos cursos no Taboleiro".

Ir a la FAQ

Debes acceder a tu curso e ir a la opción del menú "Participantes".

Ir a la FAQ

O alumnado que figura con estatus "suspendido" é porque  nalgún momento estivo matriculado na materia e despois desmatriculouse. O alumnado "suspendido" non pode acceder á materia, nin recibe copia das mensaxes que se envíen desde o foro do novas (ou desde calquera outro foro con subscrición forzosa). 
O motivo de non borrar estes participantes é porque moitas veces fanse cambios na matrícula (incluso de xeito erróneo) e se borramos ao usuario da materia e ten feitas entregas, cualificacións asignadas etc. estaríamos borrando tamén eses datos.

Neste vídeo tes máis información sobre os participantes e a xestión de usuarios/as en MooVi.

 

Ir a la FAQ

Para poder inscribir alumnado nunha materia en MooVi, debes acceder á materia e ir ao bloque "Participantes". Na parte inferior dereita desta páxina, atoparás unha opción que é "Matricular usuarios". Na xanela que se abre, no cadro "buscar" introduce o dni/nie do/a estudante (opción preferente), se está dado de alta na plataforma aparecerache o seu nome completo que debes seleccionar e, a continuación, darlle a "matricular usuarios".

Se o/a estudante non está rexistrado en MooVi, tes que solicitarnos a súa inscrición enviándonos cuberto un csv cos seus datos.

Neste vídeo tes máis información sobre os participantes e a xestión de usuarios/as en MooVi.

 

Ir a la FAQ

Para exportar a listaxe de usuarios/as do teu curso en MooVi, accede á materia e vai ao bloque "Participantes". Marca o cadro branco superior para seleccionar a todos os usuarios/as ou escolle individualmente os que desexas exportar. Feito isto, na parte inferior, no menú despregable "Cos usuarios seleccionados", elixe "descargar a táboa de datos como" e selecciona o tipo de ficheiro que desexas descargar (csv, xlsx, HTML etc.). A descarga iniciarase automaticamente. 

Neste vídeo tes máis información sobre os participantes e a xestión de usuarios/as en MooVi.

 

Ir a la FAQ

As principais ferramentas de comunicación asíncrona na plataforma MooVi son as seguintes:

  • Foro de avisos: é un foro de uso exclusivo do profesorado. As mensaxe que se publiquen aí chegan con copia ao correo electrónico do estudantado que figura en "participantes".
  • Mensaxes: pódense enviar mensaxes individuais a estudantes concretos desde o bloque "participantes". Neste vídeo tes máis información sobre os participantes e a xestión de usuarios/as en MooVi.
  • Foros: se o alumnado está suscrito aos foros creados na materia, tamén recibirá no seu correo unha copia das achegas que se publiquen neses espazos.

Para a comunicación síncrona (videoconferencia) recomendámosche o uso doutras ferramentas (https://campusremoto.tv.uvigo.es/campus ou Teams).

IMPORTANTE: as mensaxes non chegan se a materia está oculta para o alumnado (máis info aquí).

Ir a la FAQ

Cando te logueas en MooVi, na parte superior dereita, premendo sobre o teu nome, desprégase un menú. Premendo na opción “Perfil”, levarate a outra pantalla na que debes escoller “Editar o perfil” e ir á sección “Imaxe do usuario”. Na xanela “Nova imaxe” podes arrastrar unha foto túa (en formato .gif, .jpe, .jpeg, .jpg ou .png). Por último, preme en "Actualizar o perfil".

Se es profesor/a, neste vídeo atoparás información dos primeiros pasos en Moodle.

 

Ir a la FAQ

O máis recomendable é que xeres un grupo co teu alumnado. Máis información sobre os grupos aquí:

https://docs.moodle.org/all/es/Grupos

Cando temos grupos creados, Moodle permite restrinxir o acceso a calquera recurso ou actividade para que sexa só visible para o grupo seleccionado. Máis información sobre as restricións de acceso aquí:

https://docs.moodle.org/all/es/Configuraciones_para_restringir_acceso

Tamén nos distintos foros, incluído o de novas, se o configuramos como “grupos separados” permitiranos enviar mensaxes a un grupo concreto de estudantes.

Ir a la FAQ

A primeira recomendación sería que, sempre que sexa posible, empregues métodos de avaliación continua diferentes ás probas síncronas.

Os cuestionarios síncronos (todo o estudantado á mesma hora para facer a proba) poden supor un estrés considerable a calquera sistema, polo que se recomenda espaciar tanto o inicio coma a finalización do mesmo. Na medida en que poidas, e sobre todo en probas con moito alumnado, deixa marxe de tempo para facer unha entrada escalonada no sistema.

Haberá que ter en conta tamén que estas probas poden ser difíciles de controlar desde o punto de vista técnico (problemas de conectividade, incidencias técnicas do estudantado na súa casa etc.). Podes ter prevista unha proba de avaliación alternativa para o alumnado que teña algunha incidencia que lle impida rematar o cuestionario. 

Recomendacións para as probas en MooVi:

  • Cando teñas unha proba en MooVi con moitos estudantes, é recomendable dividir ao alumnado en grupos de xeito que o inicio e fin da proba para cada grupo estea escalonado 5-10 minutos (p.ex. o primeiro grupo comeza ás 9:00, o segundo ás 9:10, o terceiro ás 9:20h).
  • Tenta calcular o tempo de realización da proba de forma que o estudantado dispoña de tempo suficiente para contestar ás preguntas e con marxe para que o alumnado que poida ter unha conexión a internet máis lenta poida envialo dentro do tempo límite.
  • É moi importante comunicar ao alumnado previamente (a través dun correo, aviso etc.) e na descrición do cuestionario, toda a información necesaria sobre as probas: data e hora de inicio, cantos intentos teñen, cantas preguntas van ser, de que tipo, canto tempo van ter para respondelas, se existe penalización por contestar respostas erróneas, se van poder navegar cara adiante e atrás na proba ou se só van poder avanzar cara adiante e non van ter ocasión de revisar o que xa fixeron. Todo isto é moi importante que o saiban de antemán. 
  • Se ademais tes abertos 2 espazos (en MooVi e FAiTIC) para a túa materia, comunica ao teu alumnado para que e cando vas empregar cada un deles.
  • Avisa ao teu alumnado que cando finalice a proba en MooVi, e antes de que transcorra o tempo límite, ten que darlle ao botón "entregar todo e finalizar" (esta información podes incluíla na descrición do cuestionario).
  • Ao igual que nun exame presencial o alumnado pode modificar as súas respostas, é recomendable que nos cuestionarios en MooVi se configuren con navegación libre, en vez de secuencial, para que o alumnado poida volver atrás e revisar as preguntas antes da entrega da proba.
  • Nas opcións de revisión do intento, se non queres que poidan revisalo ata que finalice a proba, configura o cuestionario para que oculte as respostas correctas, retroalimentación etc.
  • En MooVi, pódese configurar para que o envío das respostas sexa automático, de forma que as respostas se envían aínda que o estudante non lle dea ao botón de enviar todo e terminar. 
  • O ideal é que crees un banco de preguntas amplo para o teu cuestionario e que desas preguntas escolla x aleatorias. Cando máis amplo sexa o banco de preguntas menos opción de que as preguntas se repitan. 
  • Se vas crear un cuestionario coas mesmas preguntas, podes configuralo para que baralle as preguntas e así evitar que aparezan todas na mesma orde.
  • Se dispós de tempo, é recomendable realizar unha proba previa (aínda que sexa con poucas preguntas) co alumnado coas mesmas características de configuración que a proba final, para que poidan ver o funcionamento e comprobar que o acceso lles funciona.

Ir a la FAQ

  • Antes da proba deberías ter a información precisa para facer o exame: día, hora, tempo límite, intentos... Se non é así, contacta co coordinador/a da materia.
  • O día da proba, verifica con suficiente antelación a túa conexión a internet, busca o lugar con maior cobertura...
  • Accede á plataforma durante os 15 minutos anteriores ao comezo da proba e accede só ao curso en cuestión, non abras outras materias en MooVi para evitar interferencias. 
  • Le atentamente as instrucións que che dea o profesor/a antes de comezar a proba.
  • IMPORTANTE: durante a proba, non empregues os botóns Adiante/Atrás do navegador, xa que se poderá perder información.
  • En MooVi, cando entras no cuestionario, aparecerache a información dos intentos permitidos, a data de inicio e finalización, e o tempo límite (se o hai), xunto coa descrición que incluíu o profesor/a. Para comezar o intento, tes que premer en "Intentar a proba agora" (en castelán: “Intente resolver el cuestionario ahora”).
  • Nos cuestionarios en MooVi, ao rematar, e antes de que finalice o tempo límite, debes premer en "Finalizar intento" (en castelán "Terminar intento"). Posteriormente aparecerá o resumo do intento e o estado de cada unha das preguntas. É moi importante para finalizar o cuestionario premer en "Entregar todo e finalizar" (en castelán "Enviar todo y terminar") para que o sistema recolla o teu intento.
  • En Claroline, cando premes no título do cuestionario aberto, estarás xa dentro do intento. Na parte superior aparecerache o tempo máximo permitido e o tempo actual (parte de 0 seg. e vai indicando o tempo que invirtes en facer a proba).
  • Nos cuestionario en Claroline, ao rematar, e antes de que finalice o tempo límite, non esquezas premer o botón de "enviar todo e finalizar" para que o sistema recolla o teu intento.
  • Para consultar a nota ou revisar o intento, vai depender de como teña configurado o profesor/a o cuestionario. Con algúns poderás ver a nota e revisar o intento inmediatamente e, noutros, terás que agardar a que o profesor/a o poña visible.

Ir a la FAQ

Se eliminaches algún recurso ou actividade do teu curso, podes recuperalo desde a papeleira de reciclaxe ("recycle bin") (os contidos da papeleira bórranse de xeito definitivo despois de 7 días). A papeleira só é visible no menú de administración se se eliminou algún elemento. Para recuperalo, tes que premer na frecha de "restaurar".

Ir a la FAQ

La información de matrícula se envía a Moovi por las noches, así que deberás esperar al día siguiente a que te matricules tanto para acceder como para que se actualice tu información de matrícula en Moovi.

Ir a la FAQ

La mayoría de cursos se crean en Moovi ocultos para el alumnado, por lo que no serán visibles hasta que el profesorado active dicho curso.

Además, ten en cuenta que durante el curso 2020/2021 también estará en uso la plataforma Claroline dentro de FaiTIC, así que puede que el curso que buscas esté en Claroline.

Ir a la FAQ

Para desactivar as notificacións, tanto do correo como na propia plataforma ou no móbil, accede a MooVi e desde o teu "Perfil" (na parte superior dereita) desprega e escolle "Preferencias" e na seguinte pantalla preme en "Preferencias de notificación". Nesa pantalla, para cada elemento, podes activar ou desactivar a columna de web, correo ou móbil e segundo esteas ou non conectado a MooVi.

Ir a la FAQ

Para poder asegurar la calidad de los datos gestionados en moovi no se permite editar los datos personales directamente en moovi.

Si quieres cambiar tu cuenta de correo lo deberás hacer desde tu perfil de la Secretaría Online:

  1. Accede a la Secretaría Online
  2. Vete a "A miña conta" -> "Datos persoais"
  3. Establece una dirección de correo por defecto

La cuenta de correo que establezcas por defecto será la que se utilice tanto en la Secretaría como en Moovi.

NOTA: El envío de datos a Moovi no es instantáneo, puede tardar varios minutos.

Ir a la FAQ

Para solicitar a alta dun curso ou espazo non oficial en MooVi, é preciso ser profesor/a en activo da Universidade de Vigo ou pertencer a algúns dos seus servizos.
A solicitude debe enviarse a soporte.moovi@uvigo.gal xustificando a creación do espazo e os datos do mesmo: tipo de curso, título, código, profesorado (nome, apelidos, dni, enderezo de correo-e) e as data de inicio e finalización.

Ir a la FAQ

Moovi tiene habitualmente una parada programa de servicio por semana. Con carácter general dura unos 20 minutos y tiene lugar los miércoles entre las 08:15 y las 09:00. Encaso de ser en otra fecha, se notificará con antelación en la web principal y el foro de noticias.

Por tanto, es probable que si estás viendo este mensaje, el servicio se reestablezca en poco tiempo. Cuando moovi esté accesible de nuevo, se mostrará automáticamente sin necesidad de recargar la página.

Estos cortes son necesarios para añadir nuevas funcionalidades, mantener la plataforma actualizada, aplicar correcciones de errores y mejoras de seguridad.

Ir a la FAQ