Secretaría Uvigo

A páxina principal de Moovi di que está "Fóra de Servizo", que podo facer?

Moovi ten habitualmente unha parada programada de servizo á semana. Con carácter xeral dura uns 5 minutos e ten lugar os mércores entre as 08:15 e as 09:00. En caso de ser noutra data, notificarase con antelación na web principal e no foro de novas.

Polo tanto, é probable que se estás a ver esa mensaxe, o servizo se restableza en pouco tempo. Cando Moovi estea accesible de novo, amosarase automaticamente sen necesidade de recargar a páxina.

Estes cortes son necesarios para engadir novas funcionalidades, manter a plataforma actualizada, aplicar correccións de erros e melloras de seguridade.

Atrás