Secretaría Uvigo

Como se dan de alta en MooVi as materias oficiais de grao e máster?

Cada curso académico, créanse de xeito automático as aulas virtuais de todas as materias oficiais de grao e máster, polo que non é necesario realizar ningún trámite. Créase unha alta por materia, polo que se en POD hai máis dun profesor/a, en MooVi terán unha aula virtual compartida.

IMPORTANTE: os datos que cargamos son os que se obteñen directamente da base de datos oficial da UVigo, polo que se hai algún erro debes pórte en contacto coa secretaría do teu centro para que procedan a actualizar o POD.

Ten en conta que as materias se crean ocultas en MooVi, para que o alumnado poida acceder tes que modificar este axuste (máis información aquí: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/axuda/faq/show/ocultar-materia-moovi).

Atrás