Como facer visible ou ocultar a materia ao estudantado
Excepto para aquelas materias que foron solicitadas expresamente, os cursos en MooVi creáronse de forma que estean ocultos ao alumnado.
Isto ofrécelle dúas vantaxas ao profesorado:
- Podes traballar no teu curso sen que o alumnado vexa os cambios ata que ti consideres que xa se pode abrir
- Se non vas a empregar MooVi no curso 2020/2021, o espazo xa non estará dispoñible para o alumnado.
Tes a túa disposición unha guía e un vídeo de como comprobar a visibilidade dos teus cursos e como os podes ocultar e facer visibles segundo desexes.