Como funciona o programa antiplaxio Turnitin integrado en MooVi?
Turnitin emprégase para detectar o plaxio comparando os traballos subidos polo alumnado cunha ampla base de datos, ofrece un informe de orixinalidade sinalando a porcentaxe de similitude do documento e amosa as fontes orixinais.
IMPORTANTE: o uso do Turnitin en MooVi está habilitado unicamente para materias de TFG, TFM e doutoramentos.
O profesorado pode habilitala de dous xeitos:
- como actividade de entrega dos exercicios directamente. Esta opción ten o inconveniente de que non permite cualificar os exercicios, só amosa o informe de similitudes.
- integrado nas actividades de Moodle foro, obradoiro e tarefa.
Para coñecer mellor o seu funcionamento, descarga e consulta a Guía de TURNITIN en MooVi para o profesorado.