Como podo comunicarme co alumnado a través de MooVi?
As principais ferramentas de comunicación asíncrona na plataforma MooVi son as seguintes:
- Foro de avisos: é un foro de uso exclusivo do profesorado. As mensaxe que se publiquen aí chegan con copia ao correo electrónico do estudantado que figura en "participantes".
- Mensaxes: pódense enviar mensaxes individuais a estudantes concretos desde o bloque "participantes". Neste vídeo tes máis información sobre os participantes e a xestión de usuarios/as en MooVi.
- Foros: se o alumnado está suscrito aos foros creados na materia, tamén recibirá no seu correo unha copia das achegas que se publiquen neses espazos.
Para a comunicación síncrona (videoconferencia) recomendámosche o uso doutras ferramentas (https://campusremoto.tv.uvigo.es/campus ou Teams).
IMPORTANTE: as mensaxes non chegan se a materia está oculta para o alumnado (máis info aquí).