Secretaría Uvigo

Onde podo consultar as materias que teño en POD en SIGMA?

Este curso entra en funcionamento a  nova aplicación de xestión académica SIGMA. Se en MooVi non che aparece algunha materia, pode que en SIGMA aínda non figures en POD. Para consultalo:

  1. Accede á Secretaría Online (https://secretaria.uvigo.gal) e identifícate mediante o acceso centralizado.
  2. Preme en "Portal académico do PDI".
  3. Agarda á conexión coa aplicación do portal académico. Na páxina de inicio deberían estar as materias oficiais nas que estás en POD.

IMPORTANTE: para facilitar a busca en MooVi agradecemos que nos facilitedes o código SIGMA da materia que podes consultar nesta páxina.

Atrás