Secretaría Uvigo

Como podo actualizar a miña conta de correo en Moovi?

Para poder asegurar a calidade dos datos xestionados en MooVi non se permite editar os datos persoais directamente en MooVi.

Se queres cambiar o teu enderezo de correo deberalo facer desde o teu perfil da secretaría virtual:

  1. Accede á secretaría virtual
  2. Accede a "A miña conta" -> "Datos Persoais"
  3. Establece un enderezo de correo por defecto

A conta de correo que establezas por defecto será a que se empregue tanto na secretaría virtual coma en MooVi.

Nota: O envío de datos a MooVi non é instantáneo e pode tardar varios minutos.

 

Atrás