Secretaría Uvigo

Como podo subir a miña foto de perfil en MooVi?

Cando te logueas en MooVi, na parte superior dereita, premendo sobre o teu nome, desprégase un menú. Premendo na opción “Perfil”, levarate a outra pantalla na que debes escoller “Editar o perfil” e ir á sección “Imaxe do usuario”. Na xanela “Nova imaxe” podes arrastrar unha foto túa (en formato .gif, .jpe, .jpeg, .jpg ou .png). Por último, preme en "Actualizar o perfil".

Se es profesor/a, neste vídeo atoparás información dos primeiros pasos en Moodle.

 

Atrás