Secretaría Uvigo

Como podo facer unha copia de seguridade da miña materia en MooVi?

En MooVi manteranse as materias de dous cursos académicos, o actual e o anterior. Por iso, é recomendable que ao rematar o curso actual realices unha copia de seguridade das materias en MooVi para almacenalas nun lugar seguro e poder recuperalas no futuro se o precisas.

As materias dos cursos 2020/21 e 2021/22 están aloxadas na páxina:

https://moovi2020-2022.uvigo.gal/

Para realizar unha copia de seguridade sigue estes pasos:

  1. Accede á materia en MooVi ou na máquina de histórico correspondente.
  2. Fai clic no menú de accións despregable con forma de roda, situado na parte superior dereita, e escolle "copia de seguridade".
  3. Se queres copiar todos os contidos, fai clic en "Ir ao último paso" e agarda a que saia a mensaxe "Creouse satisfactoriamente o ficheiro de copia de seguridade". En caso de só querer copiar certos contidos do curso, preme en "Seguinte" e selecciona os elementos que desexas incluír na copia.
  4. Fai clic en "Continuar".
  5. En "Área da copia de seguridade privada de usuario" aparecerá o ficheiro .mbz da copia, preme en "Descargar" para almacenalo no teu ordenador.
  6. En MooVi en produción, unha vez descargado, é moi importante por temas de espazo, eliminar as copias. Para borralas, debes seleccionar o botón inferior "Xestionar os ficheiros de copia de seguridade". Na fiestra que se abre, aparecen os ficheiros das copias realizadas, ao premer sobre o ficheiro aparece a opción "eliminar". Por último, unha vez borrado, preme en "Gardar os cambios".
IMPORTANTE: debes xestionar as túas copias de seguridade e borralas de MooVi, xa que por temas de mantemento, en calquera momento, poden eliminarse sen previo aviso.

Na seguinte guía tes unha descrición paso a paso de todo o proceso.

Atrás