Podo dar de alta manualmente estudantes na miña materia en MooVi?
Para poder inscribir alumnado nunha materia en MooVi, debes acceder á materia e ir ao bloque "Participantes". Na parte superior e inferior desta páxina, atoparás unha opción que é "Matricular usuarios". Na xanela que se abre, no cadro "buscar" introduce o dni/nie do/a estudante (opción preferente), se está dado de alta na plataforma aparecerache o seu nome completo que debes seleccionar e, a continuación, darlle a "matricular usuarios".
Se o/a estudante non está rexistrado en MooVi, tes que solicitarnos a súa inscrición enviándonos cuberto un csv cos seus datos.