Listaxe de proxectos Buscar Filtro Filtrar por: -- Campos Actuación -- Servizos sociais - Loita contra a pobreza e a exclusión social Saúde - De natureza sociosanitaria Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Infancia Xuventude Terceira idade Muller - Igualdade das mulleres Defensa dos dereitos humanos Minorías étnicas - Persoas migrantes Protección civil Cultura e defensa do patrimonio cultural Educación Consumo - Protección de persoas consumidoras e usuarias Medio ambiente Fomento do uso de novas tecnoloxias Cooperación ao desenvolvemento Ocio e tempo libre Deportivas Defensa dos dereitos linguisticos -- Persoas destinatarias -- Poboación en xeral Muller Infancia Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Xuventude Minorías étnicas - persoas migrantes Terceira idade Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios... Persoas solicitantes de protección internacional Persoas con trastornos/enfermidades mentais Poboación en protección ou en risco de exclusión social -- Tipo -- uVigo Externo Buscar Buscar Atopados 64 rexistros Páxina 1 de 4 Resultados por páxina: 20 50 100 1 2 3 4 páginas siguientes última página Axenda 2030. Axentes do cambio Entidade promotora: UNIVERSIDADE DE VIGO Obxectivo xeral: As persoas voluntarias, logo de recibir unha formación de 30 horas (con recoñecemento de 1 ECTS), darán a coñecer entre o alumnado da Uvigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)... Prazo: 18/01/2021 - Indefinido Espazo residuo cero (Zero waste) Entidade promotora: AMIGOS DA TERRA Obxectivo xeral: Creación dun grupo de activistas dentro da universidade tanto nos campus de Ourense, Pontevedra como Vigo para traballar na redución de residuos. Prazo: 02/06/2020 - Indefinido Horta da Xoaniña Entidade promotora: AMIGOS DA TERRA Obxectivo xeral: Promover a participación na horta comunitaria ecolóxica "Horta da Xoaniña", situada no Campus Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo e xestionada por Amigos da Terra e a Universidade de Vigo (detrás da Facultade de Bioloxía). Prazo: 02/06/2020 - Indefinido Voluntariado en protección de animais - BAI SEN PULGAS Entidade promotora: ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS BAI. SEN PULGAS Obxectivo xeral: Protección de animais de compañía, granxa e silvestres. Recollida dos animais abandonados, os seus coidados e a busca de adoptante, conforme estipula a Lei aos referidos conceptos, como a devolución dos seus donos si son identificados. Promoción de adopcións e da tenencia responsable dos animais. Concienciación e prevención do maltrato e abandono dos animais. Prazo: 10/03/2020 - Indefinido Axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE Entidade promotora: UNIVERSIDADE DE VIGO Obxectivo xeral: A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo e de fomentar unha completa igualdade de oportunidades e a súa completa integración na vida universitaria, pon en marcha o Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Especiais (PIUNE). Prazo: 11/02/2020 - Indefinido Desenvolvemento formativo de persoas solicitantes de asilo Entidade promotora: ASOCIACIÓN PROVIVIENDA Obxectivo xeral: Favorecer a integración sociolaboral das persoas que forman parte do programa de acollida temporal e integración para solicitantes e persoas beneficiarias de protección internacional. Prazo: 12/03/2020 - Indefinido Integración inmigrantes Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Facilitar a inclusión social de inmigrantes, solicitantes de asilo e outras persoas con protección internacional que se encontren en situación de vulnerabilidade. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Intervención en institucións penitenciarias Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o proceso de inserción das persoas que se atopan en prisión, así como mellorar a vida das persoas afectadas polas adiccións, mediante accións de promoción da saúde, prevención, atención psicolóxica e social e desenvolvemento de competencias. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Persoas sen fogar Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Fortalecer as capacidades das persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade ou de exclusión social. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Plan de Emprego Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Desenvolver itinerarios personalizados de inserción sociolaboral a través dun servizo de orientación, formación, intermediación laboral e seguimento. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Persoas maiores Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida das persoas maiores no seu proceso de envellecemento. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Comunicación Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Difusión externa e interna da nosa intervención co obxectivo de lograr un maior apoio e compromiso social coa labor que realizamos. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Atención urxente a persoas en extrema vulnerabilidade Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Contribuír a fortalecer as capacidades das persoas que se atopan en situación de extrema vulnerabilidade ou de exclusión social. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Cruz vermella Xuventude Entidade promotora: CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA (Provincia de Pontevedra) Obxectivo xeral: Fomentar a participación infantil e xuvenil nas actividades de Cruz Vermella Xuventude. Prazo: 24/01/2020 - Indefinido Na rúa e espabila Entidade promotora: FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR Obxectivo xeral: Acadar a igualdade de oportunidades e favorecer a inclusión social da infancia, adolescencia e xuventude en situación de vulnerabilidade. A través de servicios de atención diurna, de medio aberto, fóra do horario escolar, e cun enfoque integral na intervención. Dando apoio, estimulando e potenciando o desenvolvemento persoal e social, a adquisición de aprendizaxes básicos e lúdicos, que compensen as desventaxas socioeducativas e familiares. Prazo: 03/02/2020 - Indefinido Voluntariado de hospitais- Ourense Entidade promotora: Asociación Española contra el Cáncer en Ourense Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar a calidade de vida dos enfermos de cancro e dos seus familiares. Prazo: 12/12/2019 - Indefinido Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental Entidade promotora: ASOCIACIÓN XARUMA Obxectivo xeral: Potenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde. Prazo: 22/01/2020 - Indefinido Vulnerabilidade Entidade promotora: CRUZ VERMELLA OURENSE Obxectivo xeral: Modelo de atención centrado na persoa e na análise da súa situación para achegar a solucións axeitadas e axudar a mellorar a súa calidade de vida, ofrecendo tanto apoio psicosocial como formación en obradorioros, apoiando tamén a integración de inmigrantes, ademáis da atención a persoas en situacións de rúa, transeúntes ou en grave risco de exclusión social. Prazo: 02/03/2020 - Indefinido Saúde Entidade promotora: CRUZ VERMELLA OURENSE Obxectivo xeral: O proxecto basease en accións que permiten sensibilizar á ciudadanía sobre a necesidade de adquirir uns hábitos saudables que repercutan na súa propia calidade de vida e na de quen os rodean. Prazo: 02/03/2020 - Indefinido Maiores Entidade promotora: CRUZ VERMELLA OURENSE Obxectivo xeral: O Proxecto consiste no desenvolvemento dun conxunto de actividades interrelacionadas e destinadas a evitalo aislamiento da persoa maior, facilitando a sua movilidade e o seu contacto coa contorna. A actuación non se limita ó domicilio, se non que cando as características e circunstancias o permitan se fomenta a sua participación na comunidade e a relación con outras persoas, para favorecela axuda mutua e o contacto interxeneracional. Prazo: 02/03/2020 - Indefinido