Xestión do Activismo
Nome | Xestión do Activismo |
Obxectivo xeral | Fortalecer o activismo da organización. |
Obxectivo específico | Lograr un activismo formado e informado que dea resposta ás necesidades da organización de denuncia e sensibilización en materia de dereitos humanos. |
Entidade promotora | AMNISTIA INTERNACIONAL |
Data inicio | 09/10/2023 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Poboación en xeral |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Persoas sensibilizadas cos dereitos humanos que poidan dispoñer de dúas horas libres á semana. Non é necesario ter ningún coñecemento ou formación específica. |
Funcións voluntariado | - Dar apoio á técnica para dar visibilidade do activismo de Amnistía Internacional en Galicia en distintos contextos. - Dar apoio á técnica nas tarefas de captación de novas activistas para Amnistía Internacional Galicia. - Dar apoio á técnica para dar soporte ao activismo. |
Actividades | - Apoio á coordinación do traballo das activistas do equipo. - Apoio na xestión do perfil da entidade no portal Voluntariadogalego.org. - Apoio para colocación de cartáceos en lugares estratéxicos para captación de activismo. - Apoio para atención ao correo electrónico do equipo. - Apoio no envío de cartas a socias para captación de activismo. - Derivación de persoas interesadas ao persoal técnico. - Apoio para publicación de anuncios en portais de voluntariado. - Apoio na elaboración de estatísticas ao respecto do activismo. - Apoio para a xeración de documentación para o activismo (guías, manuais, infografías informativas, etc.). |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | Dúas horas á semana. |
Lugar realización | Os/as activistas realizarán as súas tarefas a distancia, desde o seu domicilio ou o lugar que prefiran. |
Observacións | Todo o traballo, funcións e actividades que levan a cabo os/as activistas de Amnistía Internacional en Galicia é de apoio ao persoal técnico. En ningún momento o/a activista ten que realizar tarefas asociadas a un posto de traballo. |
Coordinadores | |
Mónica Pérez-Castrillón Maestre: |