Programa de voluntariado Juan XXIII
| Nome | Programa de voluntariado Juan XXIII |
| Obxectivo xeral | . Facilitar a integración social das persoas con discapacidade intelectual e eliminar barreiras na comunidade. . Sensibilizar a todas as persoas coa necesidade de acción e participación voluntaria. . Dar a coñecer a Asociación Juan XXIII á poboación en xeral. |
| Obxectivo específico | . Promover a participación de persoas voluntarias dentro da Asociación. . Normalizar a acción voluntaria dentro da Asociación. . Potenciar e facilitar a integración social das persoas con discapacidade intelectual. . Xerar espazos de encontro para compartir experiencias e recoñecemento. . Lograr a consideración das persoas voluntarias como un grupo de interese capaz de achegar valores que enriquezan os da Asociación. |
| Entidade promotora | ASOCIACION JUAN XXIII |
| Data inicio | 07/04/2025 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | • Ser maior de idade (18 anos en adiante) • Contar con estabilidade emocional, responsabilidade e compromiso adecuados para o desenvolvemento da súa actividade como voluntaria/o. |
| Funcións voluntariado | . Apoiar ao profesional da entidade na realización de actividades lúdicas e deportivas nos programas e centros que se relacionan: . Programa de ocio e tempo libre. . Vivenda Tutelada . Club Polideportivo . Residencia. |
| Actividades | . VIVENDA TUTELADA: apoiar en actividades de xestión na vida no fogar na propia vivenda e participación do lecer comunitario. . CENTROS DE ADULTOS: Apoiar en actividades de coidado persoal, actividades deportivas, de lecer, saídas a comunidade… Reforzar e apoiar nas actividades encomendadas para potenciar as habilidades das persoas con discapacidade intelectual. Participar e implicarse activamente no proceso de aprendizaxe e mellora das habilidades das persoas. . CLUB POLIDEPORTIVO: axudar na dirección dos adestramentos de fútbol sala, natación, baloncesto ou atletismo, e realizar labores de apoio e acompañamento durante a celebración de campionatos. . PROGRAMA DE LECER: acompañamento en saídas, excursións e viaxes. . CENTRO RESIDENCIAL: apoiar nas actividades lúdico-deportivas de teatro, terapia asistida con cans, elaboración de xornal, etc.) que se realicen no centro, e apoiar nas actividades de lecer e deportivas como excursións, cine, campionatos deportivos, campamentos de verán, que se realicen fora do centro. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Dependerá da actividade concreta a desenvolver. |
| Lugar realización | . Rúa Eduardo Blanco Amor, 66, 36003 Pontevedra . Centros da entidade: Vivenda Tutelada, Centros de adultos, Club Polideportivo, Residencia. |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Raquel Braga Santos: |
|