Mantemento diario do refuxio
| Nome | Mantemento diario do refuxio |
| Obxectivo xeral | Dado o elevado número de animais que alberga o refuxio de Proxecto Gato, é necesaria a colaboración de voluntariado activo para poder levar a cabo o desenvolvemento das tarefas diarias. |
| Obxectivo específico | As actividades cotiáns fundaméntanse no desenvolvemento da parte hixiénico sanitaria, mantemento e limpeza e coidado dos animais albergados. |
| Entidade promotora | Asociación Protectora Proyecto Gato |
| Data inicio | 08/01/2024 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Responsabilidade, compromiso, iniciativa, seriedade. |
| Funcións voluntariado | - Axuda coas tarefas de mantemento e limpeza diarias do refuxio. - Colaboración na prevención de enfermidades e protección da saúde (física e emocional) dos animais. |
| Actividades | - Limpeza e mantemento: limpeza dos areeiros e das gaiolas dos gatos que están facendo corentena ou están convalecentes, reposición de comida e auga, limpeza do chan e o espazo onde habitan a cotiá os gatos. - Colaboración na prevención de enfermidades e protección da saúde: transmisión de información relevante da saúde dos animais aos responsables de quenda (se nalgún momento ven algo que poida ser importante: ollos chorosos, vómitos, espirros, diarreas, algún acto fóra do común, que só se poden identificar no momento que o animal o fai). - Coidados e agarimos que axudan enormemente a que os animais que están enfermos poidan superar as súas dificultades. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Segundo dispoñibilidade. |
| Lugar realización | Lugar Cruz do Morto, Prado, Morgadáns, Gondomar. |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Marta Villar Lemos: |
|