Secretaría Uvigo

Voluntariado Free-Flow: sumando pasos por ríos máis conectados

NomeVoluntariado Free-Flow: sumando pasos por ríos máis conectados
Obxectivo xeralNo eido do medio ambiente trátase de realizar un inventario actualizado do número, localización e características das barreiras fluviais presentes nas cuncas dos ríos Verdugo-Oitavén, Lérez, Mandeo e Masma, para contribuír á mellora do coñecemento sobre a conectividade fluvial.
Obxectivo específico• Ampliar as bases de datos existentes sobre barreiras fluviais.
• Coñecer o estado de fragmentación real dos ríos das cuncas seleccionadas.
• Identificar os tipos de barreiras máis comúns e as súas características principais.
• Implicar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais a través da ciencia cidadana e a participación.
• Sensibilizar sobre o problema das barreiras e o efecto na conectividade fluvial.
Entidade promotoraVicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Data inicio30/04/2025
Data fin
Persoas destinatarias
Poboación en xeral
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado. Non precisa formación específica nen coñecementos previos
. Persoas comprometidas co medio ambiente, responsables e con aptitudes para traballar en equipo.
. Ter boa resistencia física para camiñar durante tempo prolongado e acceder ás zonas difíciles ao longo dos ríos.
Funcións voluntariado• Identificación, localización e rexistro de principais características de barreiras lonxitudinais e laterais.
• Uso de la aplicación móbil “Amber Tracker” para xeolocalizar as barreiras e tomar fotografías.
• Colaboración co persoal técnico do proxecto en tarefas de apoio durante as xornadas de campo.
Actividades.As persoas voluntarias desprazaranse polos tramos fluviais seleccionados, sempre acompañadas polo persoal técnico do proxecto.
.Recorrer a pé a beira para identificar posibles barreiras artificiais: uns 10 km ao día (pode variar en función do terreo e a súa accesibilidade).
.Recompilarase a información da barreira rexistrando: unha fotografía, o tipo de barreira, estimación da súa altura, marcado da localización exacta coa aplicación “Amber Tracker”, o estado da barreira e como se integra na contorna.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación.As actividades realizaranse pola mañá ou pola tarde, dependendo das condiciones climáticas e da planificación do equipo técnico.
.Ao inicio do programa realizarase unha formación sobre as pautas básicas para identificar, rexistrar barreiras e uso da aplicación.
.As persoas voluntarias poden unir os días que máis lles conveña, dependendo da súa dispoñibilidade. Porén, se decide participar nun día específico, o tempo de adicación será dunhas 5 horas.
Lugar realizaciónNas cuncas do Verdugo-Oitavén, Lérez, Mandeo e Masma, ambos na provincia de Pontevedra. Percorrerase desde o nacemento deses ríos e os seus afluentes ata a desembocadura.
ObservaciónsNo período de abril a novembro de 2025 aconséllase vivir en Vigo, Pontevedra ou arrabaldes para facilitar o transporte.
No período de abril a novembro de 2026 aconséllase vivir en Vigo, Pontevedra, Santiago ou A Coruña.
Coordinadores

Amaia Angulo Rodeles:
628 79 77 93 / amaia.angulo@uvigo.gal
De Luns a Venres de 10:00 a 12:00