Relacións Institucionais
| Nome | Relacións Institucionais |
| Obxectivo xeral | Lograr que as autoridades políticas galegas teñan en conta as nosas preocupacións en materia de dereitos humanos. |
| Obxectivo específico | Conseguir que os respecto polos dereitos humanos estea presente nas decisións políticas que se toman na comunidade autónoma alega. |
| Entidade promotora | AMNISTIA INTERNACIONAL |
| Data inicio | 11/09/2023 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Persoas sensibilizadas cos dereitos humanos que poidan dispoñer de dúas horas libres á semana. Non é necesario ter ningún coñecemento ou formación específica. |
| Funcións voluntariado | Dar apoio á técnica para que as preocupacións de Amnistía Internacional sobre dereitos humanos estean presentes no eido político galego. |
| Actividades | - Apoio á coordinación do equipo de activistas de relacións institucionais (incidencia política). - Apoio para a xestión da conta de correo do Equipo de incidencia política. - Apoio na elaboración de directorio de autoridades e membros do parlamento autonómico, partidos políticos, comisións, etc. cos que se realizará un traballo de lobby. - Apoio para o envío de documentación, guías, manuais, protocolos e recomendacións de Amnistía Internacional a autoridades e membros do parlamento autonómico. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Dúas horas á semana. |
| Lugar realización | Os/as activistas realizarán as súas tarefas a distancia, desde o seu domicilio ou o lugar que prefiran. |
| Observacións | Todo o traballo, funcións e actividades que levan a cabo os/as activistas de Amnistía Internacional en Galicia é de apoio ao persoal técnico. En ningún momento o/a activista ten que realizar tarefas asociadas a un posto de traballo. |
| Coordinadores | |
|
Mónica Pérez-Castrillón Maestre: |
|