Comunicación
| Nome | Comunicación |
| Obxectivo xeral | Visibilizar as preocupacións en materia de dereitos humanos do traballo de Amnistía Internacional en Galicia nos medios de comunicación, redes sociais e blog de Amnistía Internacional en Galicia. |
| Obxectivo específico | Comunicar as violacións en dereitos humanos á poboación galega en xeneral e as accións levadas a cabo por Amnistía Internacional en Galicia. |
| Entidade promotora | AMNISTIA INTERNACIONAL |
| Data inicio | 04/09/2023 |
| Data fin | |
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Persoas sensibilizadas cos dereitos humanos que poidan dispoñer de dúas horas libres á semana. Non é necesario ter ningún coñecemento ou formación específica. |
| Funcións voluntariado | Dar apoio á técnica nas tarefas propias do traballo cos medios de comunicación galegos e as redes sociais de Amnistía Internacional en Galicia. |
| Actividades | - Apoio á coordinación do traballo das activistas do equipo. - Apoio na redacción de notas de prensa. - Apoio na relación con medios de comunicación para accións de visibilización de campañas de Amnistía Internacional. - Apoio á técnica para a visibilización en medios autonómicos das accións de mobilización dos activistas de Amnistía Internacional en Galicia. - Apoio na xestión de redes sociais de Amnistía Internacional en Galicia: 1. Facebook 2. Twitter 3. Instagram 4. Linkedin - Apoio na redacción de contidos para o blog de Amnistía Internacional en Galicia ao respecto das campañas e preocupacións de Amnistía Internacional sobre dereitos humanos. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Dúas horas á semana |
| Lugar realización | Os/as activistas realizarán as súas tarefas a distancia, desde o seu domicilio ou o lugar que prefiran. |
| Observacións | Todo o traballo, funcións e actividades que levan a cabo os/as activistas de Amnistía Internacional en Galicia é de apoio ao persoal técnico. En ningún momento o/a activista ten que realizar tarefas asociadas a un posto de traballo. |
| Coordinadores | |
|
Mónica Pérez-Castrillón Maestre: |
|