Hackers sen Fronteiras. Tecnoloxía para o ben común da Universidade ao Ensino Secundario
| Nome | Hackers sen Fronteiras. Tecnoloxía para o ben común da Universidade ao Ensino Secundario |
| Obxectivo xeral | Contribuír a que a ciencia e a tecnoloxía ao servizo do ben común e dos dereitos humanos permita mellorar o desempeño do ensino secundario como base para pechar a fenda de xénero ao alumnado como cidadás e futuras profesionais tecnolóxicas e co-responsabilizalas na solución aos problemas de desigualdade e insustentabilidade. |
| Obxectivo específico | Promovida a tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos no ensino secundario en Galicia |
| Entidade promotora | ASOCIACIÓN ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF) |
| Data inicio | 24/07/2023 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Xuventude |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Estudantes de escolas técnicas da Universidade de Vigo ou cunha liña de traballo vinculado á tecnoloxía |
| Funcións voluntariado | Difusión da tecnoloxía para o ben común en centros educativos, con especial atención á redución da fenda de xénero nos estudos técnicos. A tecnoloxía para o ben común na Asociación Enxeñería sen Fronteiras Galicia. |
| Actividades | Preparar e impartir obradoiros e faladoiros en centros educativos galegos (maiormente de educación formal no ensino secundario), falando de distintas temáticas vinculadas á tecnoloxía para os dereitos humanos, a cooperación internacional, a sustentabilidade e o ben común. Se contará con persoas contratadas pola asociación, que darán a apoio á organización dos eventos, contacto con centros e preparación do material empregado nos faladoiros e obradoiros. O ideal é que os faladoiros os impartan polo menos dúas persoas, e polo menos unha delas que sexa unha muller estudante do ámbito tecnolóxico. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | 100 horas/ano |
| Lugar realización | Campus de Vigo, centros de ensino secundario en Galicia. |
| Observacións | |
| Coordinadores | |
|
Sergio Fernández Alonso: Paola Mondaca González: |
|