Ocio e deporte inclusivo ENKI
| Nome | Ocio e deporte inclusivo ENKI |
| Obxectivo xeral | Fomentar a iniciación e acceso ao deporte das persoas con discapacidade, para lograr que se practique con regularidade. |
| Obxectivo específico | . Mellorar a calidade de vida das persoas participantes, a súa condición física e a súa autonomía. . Promover a inclusión, reducir a discriminación e os prexuízos a través do coñecemento do colectivo de persoas con discapacidade. . Ampliar o número de usuarios con diversidade funcional que se inician no deporte. |
| Entidade promotora | Fundación Abrente-ENKI |
| Data inicio | 04/04/2025 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Infancia Muller Xuventude Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Persoas maiores |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | . Calquera persoa interesada neste proxecto. . Recibirá formación específica por parte de persoal especializado da Fundación Abrente-ENKI. |
| Funcións voluntariado | . Apoiar ao equipo nas charlas sensibilizadoras e colaboración nas xornadas provinciais. . Participar nos campamentos ENKI. . Colaborar nas actividades puntuais de ocio inclusivo ENKI . Participar na carreira ENKI que inclúe funcións de montaxe, entrega de dorsais, animación de obstáculos, consigna, avituallamento,... |
| Actividades | . Colaborar nas xornadas provincia realizando, entre outras actividades, montaxe de espazos, colocación de carteis, orientación de participantes... . Participar nos campamentos ENKI, axudando na organización de obradoiros, na supervisión da seguridade dos nenos e nenas,... . Colaboración en actividades puntuais de ocio inclusivo, adaptando xogos e dinámicas para persoas con disversidade funcional, acompañando aos participantes nas actividades,... . Participar na organización e desenvolvemento da carreira ENKI |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | . Cada actividade ten características e necesidades específicas, polo que a duración da colaboración poderá ser diferente en cada caso. . As persoas voluntarias serán informadas con antelación sobre os horarios e duración estimada de cada evento ou intervención. |
| Lugar realización | Charlas sensibilizadoras e xornadas provinciais: espazos municipais en diferentes localidades galegas; Campamentos ENKI: Colexio Emilia Pardo Bazán (A Coruña); Actividades puntuais: diferentes espazos de Galicia; Carreira ENKI: na cidade da Coruña |
| Observacións | En caso de ser necesario, a fundación ENKI cubre o transporte das persoas voluntarias. As persoas voluntarias poden elixir aquelas actividades que máis lles interesen, a fundación tratará de adaptarse ás necesidades e dispoñibilidade da persoa voluntaria. |
| Coordinadores | |
|
Sara González Iglesias: |
|