Traballo coa sociedade civil organizada
| Nome | Traballo coa sociedade civil organizada |
| Obxectivo xeral | Establecer relacións con outras organizacións que defendan os dereitos humanos para ter maior impacto na nosa tarefa de denuncia e sensibilización de violacións de dereitos humanos. |
| Obxectivo específico | Conseguir maior impacto nas tarefas de denuncia e sensibilización ao traballar en colaboración con outras entidades. |
| Entidade promotora | AMNISTIA INTERNACIONAL |
| Data inicio | 11/09/2023 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Poboación en xeral |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Persoas sensibilizadas cos Dereitos Humanos que poidan dispoñer de dúas horas libres á semana. Non é necesario ter ningún coñecemento ou formación específica. |
| Funcións voluntariado | Dar apoio á técnica en tarefas para potenciar o traballo conxunto con outras organizacións da sociedade civil. |
| Actividades | - Apoio para a elaboración dunha base de datos de organizacións con preocupacións afíns a Amnistía Internacional. - Apoio para contactar con diversas organizacións para o traballo conxunto. - Apoio na elaboración de boletín informativo coas campañas e preocupacións de Amnistía Internacional sobre dereitos humanos para enviar ás organizacións. - Apoio para o deseño e organización de accións en colaboración con outras organizacións para denuncia e sensibilización de cuestións relacionadas cos dereitos humanos tales como: 1. Organización de videoforums. 2. Organización de charlas e debates posteriores. 3. Exposicións. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Dúas horas á semana. |
| Lugar realización | Os/as activistas realizarán as súas tarefas a distancia, desde o seu domicilio ou o lugar que prefiran. |
| Observacións | Todo o traballo, funcións e actividades que levan a cabo os/as activistas de Amnistía Internacional en Galicia é de apoio ao persoal técnico. En ningún momento o/a activista ten que realizar tarefas asociadas a un posto de traballo. |
| Coordinadores | |
|
Mónica Pérez-Castrillón Maestre: |
|