Acompañamento afectivo a persoas maiores en Vigo
Nome | Acompañamento afectivo a persoas maiores en Vigo |
Obxectivo xeral | Previr e abordar a soidade das persoas maiores mediante a creación de vínculos de veciñanza, apoio mutuo e amizade, mentres que sensibilizamos á sociedade. |
Obxectivo específico | -Favorecer a creación de vínculos, que permitan o establecemento de relacións humanas mantidas no tempo. -Limitar as consecuencias negativas da soidade non desexada, mediante o contacto continuado coa persoa maior. -Mellorar o contacto coa contorna da persoa maior, favorecendo a súa participación no mesmo |
Entidade promotora | Fundación Grandes Amigos en Acción |
Data inicio | 10/04/2023 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Persoas maiores |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Persoas maiores de 18 anos sensibilizadas coa soidade das persoas maiores, que residan preferentemente en Vigo e que queiran formar parte dun equipo de voluntariado para realizar actividades de acompañamento de persoas maiores que senten soidade, co fin de ofrecerlles a compañía e o apoio emocional que precisan. |
Funcións voluntariado | Acompañamento afectivo a persoas maiores en situación de soidade en domicilio ou residencia |
Actividades | A persoa voluntaria sempre terá de referencia á responsable de desenvolvemento social de zona. -O acompañamento afectivo consistirá nunha visita semanal de 2 horas. A persoa maior e a voluntaria xuntaranse para gozar dunha boa conversa, compartir un café, saír a pasear ou o que ambas queiran, co obxectivo de que, pouco a pouco, vaia xurdindo un vínculo afectivo onde a amizade e a confianza fagan esquecer a diferenza de idade. A persoa voluntaria sempre terá de referencia á responsable de desenvolvemento social de zona. O acompañamento afectivo consistirá nunha visita semanal de 2 horas. A persoa maior e a voluntaria xuntaranse para gozar dunha boa conversa, compartir un café, saír a pasear ou o que ambas queiran, co obxectivo de que, pouco a pouco, vaia xurdindo un vínculo afectivo onde a amizade e a confianza fagan esquecer a diferenza de idade. Ademais, a persoa voluntaria poderá coñecer a outras voluntarias e persoas maiores que participan en Grandes Amigos e gozar das actividades de lecer e socialización que se organizan dende a entidade e por iniciativa propia das persoas voluntarias. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | 2 horas semanais |
Lugar realización | Exclusivamente na cidade de Vigo: no domicilio, residencia ou na rúa da persoa maior. |
Observacións | |
Coordinadores | |
Mar Fornos Rivas: Olalla Álvarez Cobián: |