Voluntariado, apoio na oncoloxía pediátrica
| Nome | Voluntariado, apoio na oncoloxía pediátrica |
| Obxectivo xeral | .Contribuir a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas cunha enfermidade oncohematolóxica a través de diferentes actividades. .Informar e sensibilizar á poboación en xeral sobre a enfermidade e sobre a asociación. |
| Obxectivo específico | .Programas de intervención comunitaria que constituirán un instrumento de prevención e concienciación social sobre a doenza e as súas repercusións sociais. .Programas de ocio e tempo de lecer: hospitalario e extrahospitalario. .Promoción e dinamización do voluntariado en todas as áreas de acción da entidade con especial énfase no apoio e acompañamento dos menores afectados de cancro e as súas familias. |
| Entidade promotora | BICOS DE PAPEL |
| Data inicio | 13/01/2025 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Infancia |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Non é preciso ningún perfil académico concreto. |
| Funcións voluntariado | .Sensibilización á ciudadanía en xeral: informar sobre as repercusións e necesidades que presentan as nenas e nenos afectados dunha doenza oncohematolóxica e as súas unidades familiares. .Ocio e tempo de lecer: intervencións centradas na interacción e integración social co obxectivo de favorecer a normalización e integración dos nenos e nenas mediante o desenvolvemento de actividades lúdicas que faciliten a relación con seus iguais e eviten o illamento. .Acompañamento social: intervención centrada na diminución da sobrecarga familiar. Acompañamento ás nenas e nenos hospitalizadas e as súas familias para facilitar un cambio na rutina promovida polo illamento hospitalario e un descanso dos responsables dos coidados. |
| Actividades | As campañas de sensibilización social desenvólvense ao longo do ano: .Celebración do Día Internacional do Neno con Cancro: 15 de febreiro. .Charlas informativas en centros escolares. .Stands informativos en distintos actos e eventos con repercusión social. Ocio e tempo de lecer: .Ocio hospitalario: contacontos, obradoiros, etc. .Ocio extrahospitalario: excursións, eventos deportivos, etc. .Acompañamento social: respiro familiar, apoio ás familias cunhas horas de acompañamento ós nenos e nenas no hospital. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Variará en función da actividade concretan a desenvolver. |
| Lugar realización | Hospital Álvaro Cunqueiro, centros escolares, stand en eventos |
| Observacións | Contacto para información e consultas: Mariana Fernández - 634 109 647 |
| Coordinadores | |
|
Sandra María Fontenla Soliño: |
|