Programa de voluntariado de acompañamento hospitalario
Nome | Programa de voluntariado de acompañamento hospitalario |
Obxectivo xeral | . Promover, dende os centros sanitarios, actividades orientadas á humanización dos coidados nas persoas con procesos crónicos. . Establecer, a través de redes de apoio social, vínculos saudables que constitúan un recurso para a promoción da saúde e prevención da dependencia e/ou enfermidade. |
Obxectivo específico | . Acompañamento a persoas en centros hospitalarios . Atención social a maiores, infancia, mocidade e familias, estando preto das persoas vulnerables, apoiándoas e acompañándoas con distintos servizos orientados ás súas necesidades. |
Entidade promotora | Servizo Galego de Saúde |
Data inicio | 19/05/2025 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Poboación en xeral Persoas maiores |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | • Ser maior de idade (18 anos en adiante) • Contar con estabilidade emocional, responsabilidade e compromiso adecuados para o desenvolvemento da súa actividade como voluntaria/o. |
Funcións voluntariado | . Acompañamento hospitalario nos centros da Área Sanitaria de Vigo. . A persoa voluntaria estará baixo a coordinación do persoal sanitario do hospital |
Actividades | . Acompañamento Emocional: conversacións e escoita activa que alivien a sensación de soidade, lectura de libros ou prensa, xogos ou exercicios de memoria para manter a mente activa, acompañamento en procesos de malas noticias ou intervencións médicas. . Acompañamento Social: acompañamento en paseos dentro do hospital, apoio na recollida de informes médicos, solicitude de citas ou indicacións dentro do centro, chamadas ou vídeo chamada con familiares, celebración de días especiais como aniversarios, Nadal,... Apoio á Familia e Coidadores: substitución temporal a familiares, información básica sobre recursos do hospital, facilitar información sobre grupos de apoio. Entretemento e Benestar: música e relaxación, manualidades sinxelas,... Soporte Práctico: acompañamento en probas médicas, apio na alimentación (axudar a cortar a comida, animar a xantar…), asistencia na mobilidade dentro da habitación Despedida e Duelo: acompañamento nos últimos días, conversacións e soporte emocional nos primeiros momentos tras a perda. |
Ten contacto con menores | Si |
Tempo adicación | O que requira cada actividade. |
Lugar realización | Hospitais da área sanitaria de Vigo |
Observacións | |
Coordinadores | |
Francisco Jesús Represas Carrera: |