Secretaría Uvigo

FIR - Festival Internacional Rebulir

NomeFIR - Festival Internacional Rebulir
Obxectivo xeralPoñer en valor a cultura galega en relación con outras culturas e propiciar o intercambio intercultural entre participantes e asistentes ao encontro.
Obxectivo específico- Fomentar o coñecemento cultural de culturas alleas por medio da música, a danza e a gastronomía.
- Desenvolver habilidades sociorelacionais entre os participantes e veciños.
Entidade promotoraAsociación cultural Rebulir
Data inicio19/09/2023
Data fin 07/11/2027
Persoas destinatarias
Minorías étnicas - persoas migrantes
Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios...
Poboación en xeral
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoNon se procura ningún perfil específico para as persoas voluntarias. Valórase positivamente ter actitude proactiva e sensibilidade cara a diversidade cultural.
Funcións voluntariado1) Guías e acompañantes de delegacións participantes.
2) Mediadores de participantes e organización.
3) Colaboración en tarefas organizativas e de intendencia
ActividadesXXI edición do Festival Internacional Rebulir
- Colaboración en acompañamento de artistas e mediación lingüística
- Participación en obradoiros, animacións e gala intercultural
- Xestión das actividades de convivencia e intercambio entre delegación
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicación50 horas . A distribución final de horarios e funcións comunicarase aos participantes con suficiente antelación, tendo tamén en conta a súa dispoñibilidade.
Lugar realizaciónDatas: 17,18,19 e 20 de decembro 2026.

Ramirás, Celanova e Ourense (actividades en diferentes espazos).
A formación, preparación e coordinación realizaranse de maneira virtual.
ObservaciónsSábado 19 de decembro terá lugar a celebración de la Gala Central FIR no Complexo Rogelio García Yáñez de Ramirás.

Esta edición do Festival contará con máis de 30 actividades e a participación de 12 compañías.
Coordinadores

Alexandre Sotelino Losada:
639908005 / directorfestivalrebulir@gmail.com
De 16:00 a 21:00 horas