Programa Mentoring STEMbach
| Nome | Programa Mentoring STEMbach |
| Obxectivo xeral | Dar a coñecer ao alumnado preuniversitario a oferta formativa das titulacións STEM da Universidade de Vigo. |
| Obxectivo específico | Participar nas actividades que organiza a UVigo para o estudantado preuniversitario |
| Entidade promotora | Vicerreitoría de Estudantes e Vida Universitaria |
| Data inicio | 01/09/2024 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Xuventude |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Estudantes de grao da Universidade de Vigo que queiran difundir a súa experiencia como estudantes na UVigo. |
| Funcións voluntariado | • Apoio nas feiras de orientación académica organizadas tanto na Universidade como fóra dela. • Colaborar nas visitas guiadas que os centros de educación secundaria realizan á Universidade de Vigo. • Participar nas charlas de orientación xerais e específicas que se realizan nos centros de educación secundaria. |
| Actividades | • FEIRAS E XORNADAS: contar a súa experiencia como estudantes universitarios/as nos stands,e colaborar coa organización na entrega de folletos informativos así como acompañamento das persoas asistentes. • VISITAS GUIADAS: colaborar nas visitas ás facultades e escolas da universidade contando a súa experiencia como estudante universitario. • CHARLAS: participar na difusión das titulacións de grao, os servizos e instalacións e a vida universitaria da UVigo. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | A participación activa nas actividades anteriormente relacionadas permitirá, previa expedición da certificación correspondente, o recoñecemento de 1,5 créditos ECTS naquelas titulacións que así o establezan nos seus planos de estudo, cos límites establecidos nas normativas legais en vigor. |
| Lugar realización | Feiras e xornadas: Universidade de Vigo ou lugares onde teña lugar a feira ou xornada. Visita guiada: centros da Universidade de Vigo Charlas: centros educativos de secundaria e formación profesional. |
| Observacións | As persoas voluntarias deberán: 1.- presentar documento acreditativo de ter participado no STEAMbach. 2.- participar no programa durante o curso académico. Coordinación: Ana Caamaño Martínez 986 130 270 / tecnica.captacion@uvigo.gal |
| Coordinadores | |
|
Ana María Caamaño Martínez: |
|