Listaxe de proxectos Buscar Filtro Filtrar por: -- Campos Actuación -- Servizos sociais - Loita contra a pobreza e a exclusión social Saúde - De natureza sociosanitaria Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Infancia Xuventude Persoas maiores Muller - Igualdade das mulleres Defensa dos dereitos humanos Minorías étnicas - Persoas migrantes Protección civil Cultura e defensa do patrimonio cultural Educación Consumo - Protección de persoas consumidoras e usuarias Medio ambiente Fomento do uso de novas tecnoloxias Cooperación ao desenvolvemento Ocio e tempo libre Deportivas Defensa dos dereitos linguisticos -- Persoas destinatarias -- Poboación en xeral Muller Infancia Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Xuventude Minorías étnicas - persoas migrantes Persoas maiores Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios... Persoas solicitantes de protección internacional Persoas con trastornos/enfermidades mentais Poboación en protección ou en risco de exclusión social -- Tipo -- uVigo Externo Buscar Buscar Atopados 85 rexistros Páxina 2 de 5 Resultados por páxina: 20 50 100 primera página páginas previas 1 2 3 4 5 páginas siguientes última página EnRedadas Entidade promotora: XERACCIÓN, SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA, OURENSE Obxectivo xeral: O obxectivo principal é fomentar a acción voluntaria da entidade para incrementar o apoio e acompañamento ás mulleres vítimas de violencia machista participantes no proxecto EnRedadas. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector) Entidade promotora: FUNDACIÓN MENIÑOS Obxectivo xeral: Este proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º A 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, alumnado e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese co voluntariado como piar fundamental implicando ás persoas, da contorna próxima ás escolas, converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión, 1- ../.. Prazo: 13/03/2023 - 14/11/2027 Comercio xusto - Oxfam Intermón Entidade promotora: Fundación Oxfam Intermón Obxectivo xeral: Contribución na transformación da realidade social e as regras do comercio internacional a través da incidencia nas políticas públicas, a sensibilización e mobilización da sociedade e o fortalecemento do sector do Comercio Xusto. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Apoio e acompañamento presencial e telefónico Entidade promotora: Asociación Española Contra el Cáncer Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar a calidade de vida dos enfermos de cancro e dos seus familiares Prazo: 08/11/2022 - 28/11/2027 Prevención e promoción da saúde Entidade promotora: Asociación Española Contra el Cáncer Obxectivo xeral: Transmisión de mensaxes de saúdea poboación, contribuíndo a aumentar o grao de saúde comunitario. Dar a coñecer a Asociación Española contra el Cáncer (AECC), programas e servicios. Prazo: 08/11/2022 - 28/11/2027 Olivo Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España Obxectivo xeral: A prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas privadas de liberdade maiores de 65 anos. Prazo: 18/01/2023 - 16/03/2026 Fabricantes de paz Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España Obxectivo xeral: Promover a prevención de novos delitos a través de novos aprendizaxes por parte das familias das persoas infractoras. Prazo: 18/01/2023 - 16/03/2026 Diálogos restaurativos Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España Obxectivo xeral: Diálogos restaurativos é un programa de Xustiza Restaurativa que se realiza con persoas penadas. Reúne a vítimas (ou representantes da comunidade) e persoas infractoras non relacionadas para discutir o delito e o seu impacto. Prazo: 18/01/2023 - 16/03/2026 Axenda 2030. Axentes de cambio Entidade promotora: VICERREITORIA DE ESTUDANTADO E EMPREGABILIDADE Obxectivo xeral: As persoas voluntarias, logo de recibir unha formación, darán a coñecer entre os estudantes da Universidade de Vigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 1../.. Prazo: 04/03/2022 - Indefinido Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social Entidade promotora: ASDEGAL (ACCIÓN SOLIDARIA DE GALICIA) Obxectivo xeral: Promover o desenvolvemento socieducativo de menores procedentes de familias en risco de exclusión social. A finalidade é que estes menores teñan as mesmas oportunidades que os demais e afronten un futuro cun bo nivel académico e aproveiten ao máximo a súa educación formal, xa que a educación é unha das ferramentas principais para minorar as situacións que os colocan en risco de exclusión social. Prazo: 24/01/2022 - 05/11/2027 Dorotea Entidade promotora: Fundación Baiuca Verdescente Obxectivo xeral: - Combater a soidade non buscada na comarca do Deza. - Xerar dinámicas de compromiso social e voluntariado na comarca do Deza. Prazo: 30/11/2021 - Indefinido A miña horta é a túa Entidade promotora: Fundación Baiuca Verdescente Obxectivo xeral: Acadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego. Prazo: 30/11/2021 - Indefinido Acción coeducativa mediante o método Scout Entidade promotora: Federación Scouts de Galicia Obxectivo xeral: Acción coeducativa de mozos e mozas, de 8 a 18 anos, por medio do método scout Prazo: 24/03/2022 - Indefinido Educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695 Entidade promotora: ASOCIACION GRUPO SCOUT ILEX Obxectivo xeral: Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respecto e o servizo. Prazo: 25/10/2021 - 21/11/2025 Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental Entidade promotora: ASOCIACIÓN XARUMA Obxectivo xeral: Potenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde Prazo: 05/09/2022 - 16/12/2027 Acompañamento "Organización Nacional de Ciegos Españoles. ONCE" Entidade promotora: ORGANIZACIÓN NACIONAL DE CIEGOS (ONCE) Obxectivo xeral: A ONCE ten como obxectivo a inclusión social das persoas cegas e a defensa da súa plena cidadanía Prazo: 10/05/2021 - Indefinido Espazo residuo cero (Zero waste) Entidade promotora: AMIGOS DA TERRA Obxectivo xeral: Creación dun grupo de activistas dentro da universidade tanto nos campus de Ourense, Pontevedra como Vigo para traballar na redución de residuos. Prazo: 02/06/2020 - Indefinido Horta da Xoaniña Entidade promotora: AMIGOS DA TERRA Obxectivo xeral: Promover a participación na horta comunitaria ecolóxica "Horta da Xoaniña", situada no Campus Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo e xestionada por Amigos da Terra e a Universidade de Vigo (detrás da Facultade de Bioloxía). Prazo: 02/06/2020 - Indefinido Voluntariado en protección de animais - BAI SEN PULGAS Entidade promotora: Asociación protectora de animais BAI, SENPULGAS Obxectivo xeral: Protección de animais de compañía, granxa e silvestres. Recollida dos animais abandonados, os seus coidados e a busca de adoptante, conforme estipula a Lei aos referidos conceptos, como a devolución dos seus donos si son identificados. Promoción de adopcións e da tenencia responsable dos animais. Concienciación e prevención do maltrato e abandono dos animais. Prazo: 10/03/2020 - Indefinido Axuda a estudantes con necesidades específicas de apoio educativo - PIUNE Entidade promotora: VICEDECANATO DE RELACIÓNS INTERNACIONAIS DA FACULTADE DE TURISMO Obxectivo xeral: A Universidade de Vigo, co ánimo de apoiar aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo e de fomentar unha completa igualdade de oportunidades e a súa completa integración na vida universitaria, pon en marcha o Programa de Integración de Universitarios/as con Necesidades Especiais (PIUNE). Prazo: 11/02/2020 - Indefinido