Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental
| Nome | Naturalmente. Proxecto de acompañamentos, respiros familiares e fomento da vida autónoma en saúde mental |
| Obxectivo xeral | Potenciar a autonomía para a integración na comunidade de persoas con trastornos mentais a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde |
| Obxectivo específico | - Xerar enclaves de participación e de comunicación democrática entre as persoas usuarias e o resto de axentes sociais do barrio. - Estimular a participación activa na vida pública e a promoción da saúde. |
| Entidade promotora | ASOCIACIÓN XARUMA |
| Data inicio | 05/09/2022 |
| Data fin | 16/12/2027 |
| Persoas destinatarias | |
|
Muller Persoas con trastornos/enfermidades mentais Poboación en protección ou en risco de exclusión social |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | - Ganas de colaborar e coñecer outras realidades - Actitude participativa e en igualdade - Non é necesario coñecementos previos |
| Funcións voluntariado | 1. Apoio ás persoas usuarias nas actividades de horta. 2. Levar a cabo as actividades medioambientais, dirixidas por un/unha monitor/a. 3. Aportar as técnicas básicas para as habilidades prelaborais en persoas con trastornos mentais. |
| Actividades | 1. Actividade de horta ecolóxica: mantemento, plantación, colleita... 2. Actividades de conciencia medioambiental. 3. Actividades de estimulación cognitiva 4. Actividade de radio 5. Actividade de costura 6. Actividade de informática |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | De 1 a 3 horas á semana Horario a convir entre as partes. De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas. |
| Lugar realización | Local Xaruma e exteriores. Rúa Conde de Torrecedeira, 66 Vigo Centro Gárate - Vigo |
| Observacións | As actividades serán deseñadas e levadas a cabo por persoal de Xaruma, pero dadas as características do colectivo, precisamos unha atención máis individualizada. Estamos abertos a novas iniciativas e aportaremos toda a autonomía á persoa voluntaria. |
| Coordinadores | |
|
Tania Vázquez Carballo: |
|