Axenda 2030. Axentes de cambio
Nome | Axenda 2030. Axentes de cambio |
Obxectivo xeral | As persoas voluntarias, logo de recibir unha formación, darán a coñecer entre os estudantes da Universidade de Vigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 1../.. |
Obxectivo específico | Levar a cabo campañas e actividades de sensibilización nos 3 Campus da Universidade de Vigo sobre o contido dos 17 ODS da Axenda 2030. |
Entidade promotora | VICERREITORIA DE ESTUDANTADO E EMPREGABILIDADE |
Data inicio | 04/03/2022 |
Data fin | |
Persoas destinatarias | |
Xuventude |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | - Mostrar un compromiso claro e sincero co desenvolvemento sostible. - Ser persoas creativas e ter habilidades comunicativas. - Contar con capacidade de traballo en equipo - Ter interese en coñecer a Axenda 2030.Para isto priorizaranse as solicitudes das persoas que participasen no curso organizado pola Universiade de Vigo Axenda 2030:Axentes do Cambio ou outros sobre Axenda 2030 sobre a Axenda e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). As persoas aceptadas que non teñan formación acreditada en materia de Axenda 2030 a recibirán antes de comezar coas labores de voluntariado. |
Funcións voluntariado | Tarefas de sensibilización sobre a Axenda 2030 e os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible entre os estudantes da Universidade de Vigo. |
Actividades | 1- Informar aos estudantes sobre a Axenda 2030 de forma presencial (en stands situados en lugares estratéxicos dos 3 Campus da Universidade de Vigo a través de material específico) e/ou en formato dixital (a través de campañas de sensibilización dirixidas á comunidade educativa vía redes sociais). 2- Colaborar na organización e implementación de campañas e actividades vinculadas co proxecto, en modalidade online ou presencial. |
Ten contacto con menores | Non |
Tempo adicación | Actividades 12 horas mensuais - Implementacíón das actividades: 12 horas |
Lugar realización | Nos 3 Campus universitarios e online. Buscarase un espazo de máxima afluencia de público para situar o stand informativo e as actividades serán organizadas naquelas facultades que conten cos medios necesarios. 2../.. |
Observacións | 1 ../.. Estes obxectivos van acompañados, a súa vez, de 169 metas que deben inspirar ás políticas públicas postas en marcha polas administracións que operan nos Estados, entre elas, as Universidades. 2 ../.. - Realizaranse outras actividades de forma telemática. De ser necesario, pola situación sanitaria o programa de actividades adaptaríase para evitar riscos sanitarios. |
Coordinadores | |
Henar Quintas Salgado: |