Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social
Nome | Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social |
Obxectivo xeral | Promover o desenvolvemento socieducativo de menores procedentes de familias en risco de exclusión social. A finalidade é que estes menores teñan as mesmas oportunidades que os demais e afronten un futuro cun bo nivel académico e aproveiten ao máximo a súa educación formal, xa que a educación é unha das ferramentas principais para minorar as situacións que os colocan en risco de exclusión social. |
Obxectivo específico | - Acadar unha mellora nas cualificacións do alumnado cada trimestre. - Inculcar hábitos de traballo e estudo que poidan aplicar ao longo da súa vida académica. - Prever conflitos no ámbito educativo. - Atender ás necesidades educativas especiais de diferentes menores e mocidade. |
Entidade promotora | ASDEGAL (ACCIÓN SOLIDARIA DE GALICIA) |
Data inicio | 24/01/2022 |
Data fin | 05/11/2027 |
Persoas destinatarias | |
Infancia Xuventude Minorías étnicas - persoas migrantes |
|
Descrición da actividade voluntaria | |
Perfil voluntariado | Persoa responsable, con gran capacidade de formación, convenientemente formada, que teña empatía cos menores... |
Funcións voluntariado | Axudar aos menores a facer os deberes, resolver as dúbidas que teñan á hora de preparar os exames. Na medida do posible, transmitir ao alumnado técnicas de estudo que lles faciliten a asimilación de coñecementos. Esta actividade realízase baixo a colaboración dunha persoa voluntaria coordinadora destas clases. |
Actividades | 1. Apoio escolar. 2. Actividades de formación. 3. Seguimento e avaliación por parte das persoas voluntarias sobre como van os estudantes, como é o seu comportamento na clase... |
Ten contacto con menores | Si |
Tempo adicación | Pídese unha dedicación como mínimo de dúas horas semanais. |
Lugar realización | Vigo no Centro Social do Calvario, Centro Rivera Atienza, Centro Social de Teis, Parroquia da Florida, Centros de menores (Hogar San José, Trinitarias). Pontevedra Centro Príncipe Felipe e na asoc. de Benito Corbal 47, andar 4, of. 9 (edificio da Xunta) |
Observacións | Durante os meses de xullo e agosto realízaranse clases de reforzo escolar en horario de mañá. Enderezo en Pontevedra: asdegalpontevedra@asdegal.org ou por whastapp ao 604082707 |
Coordinadores | |
Lara Delgado Castelo: |