Listaxe de proxectos Buscar Filtro Filtrar por: -- Campos Actuación -- Servizos sociais - Loita contra a pobreza e a exclusión social Saúde - De natureza sociosanitaria Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Infancia Xuventude Terceira idade Muller - Igualdade das mulleres Defensa dos dereitos humanos Minorías étnicas - Persoas migrantes Protección civil Cultura e defensa do patrimonio cultural Educación Consumo - Protección de persoas consumidoras e usuarias Medio ambiente Fomento do uso de novas tecnoloxias Cooperación ao desenvolvemento Ocio e tempo libre Deportivas Defensa dos dereitos linguisticos -- Persoas destinatarias -- Poboación en xeral Muller Infancia Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual Xuventude Minorías étnicas - persoas migrantes Terceira idade Participantes/asistentes en carreiras, congresos, seminarios... Persoas solicitantes de protección internacional Persoas con trastornos/enfermidades mentais Poboación en protección ou en risco de exclusión social -- Tipo -- uVigo Externo Buscar Buscar Atopados 75 rexistros Páxina 1 de 4 Resultados por páxina: 20 50 100 1 2 3 4 páginas siguientes última página AIDA Books&More Entidade promotora: AIDA, AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO Obxectivo xeral: Poñer á venda libros doados para financiar, cos beneficios, os proxectos de cooperación da asociación Aida, Ayuda, Intercambio y Desarrollo. Prazo: 27/02/2023 - Indefinido Pasaporte de Empregabilidade Entidade promotora: UNIVERSIDADE DE VIGO Obxectivo xeral: Difundir as actividades en materia de emprego e emprendemento que ofrece a Universidade de Vigo Prazo: 09/11/2022 - Indefinido Orientación ao alumnado preuniversitario Entidade promotora: UNIVERSIDADE DE VIGO Obxectivo xeral: Dar a coñecer ao alumnado preuniversitario (bacharelato e ciclos formativos de grao superior) a oferta formativa, as instalacións, os servizos e a vida universitaria da Universidade de Vigo. Prazo: 09/11/2022 - Indefinido Intervención grupal e en actividades de ocio con persoas con TEA (trastorno do espectro autista) Entidade promotora: ASOCIACIÓN POR ELES T.E.A. OURENSE (PETEA) Obxectivo xeral: Mellorar a calidade de vida dos menores con TEA (trastorno do espectro autista). Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Apoio a nenos e nenas con TDAH Entidade promotora: Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención (ANHIDA) Obxectivo xeral: Apoio as profesionais da Asociación de nenas e nenos con Hiperactividade e/o Déficit de Atención. Prazo: 25/01/2023 - Indefinido Acompañamento a mulleres en procesos de violencia Entidade promotora: REDE DE MULLERES CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO Obxectivo xeral: Evitar o illamento das mulleres no seu proceso de reincorporación psico-social. Prazo: 30/01/2023 - Indefinido EnRedadas Entidade promotora: Xeracción S. Cooperativa Galega, Ourense Obxectivo xeral: O obxectivo principal é fomentar a acción voluntaria da entidade para incrementar o apoio e acompañamento ás mulleres vítimas de violencia machista participantes no proxecto EnRedadas. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido LECXIT (Programa de promoción do éxito escolar a través do acompañamento lector) Entidade promotora: FUNDACIÓN MENIÑOS Obxectivo xeral: Este proxecto ten como obxectivo incrementar o éxito educativo, a través da promoción das competencias lectoras de nenos e nenas de 4º A 6º de primaria, a través dun enfoque multidimensional implicando a escolas, familias, alumnado e mobilizando e corresponsabilizando á cidadanía. Este obxectivo conséguese co voluntariado como piar fundamental implicando ás persoas, da contorna próxima ás escolas, converténdoas en referentes e mentores de rapazas e rapaces, coa coordinación, xestión, 1- ../.. Prazo: 13/03/2023 - Indefinido Comercio xusto - Oxfam Intermón Entidade promotora: Fundación Oxfam Intermón Obxectivo xeral: Contribución na transformación da realidade social e as regras do comercio internacional a través da incidencia nas políticas públicas, a sensibilización e mobilización da sociedade e o fortalecemento do sector do Comercio Xusto. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Apoio e acompañamento presencial e telefónico Entidade promotora: Asociación Española Contra el Cáncer Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar a calidade de vida dos enfermos de cancro e dos seus familiares Prazo: 08/11/2022 - Indefinido Prevención e promoción da saúde Entidade promotora: Asociación Española Contra el Cáncer Obxectivo xeral: Transmisión de mensaxes de saúdea poboación, contribuíndo a aumentar o grao de saúde comunitario. Dar a coñecer a Asociación Española contra el Cáncer (AECC), programas e servicios. Prazo: 08/11/2022 - Indefinido Olivo Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España (CONCAES) Obxectivo xeral: A prevención do deterioro físico, cognitivo, social e emocional das persoas privadas de liberdade maiores de 65 anos. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Fabricantes de paz Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España (CONCAES) Obxectivo xeral: Promover a prevención de novos delitos a través de novos aprendizaxes por parte das familias das persoas infractoras. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Diálogos restaurativos Entidade promotora: Confraternidad Carcelaria de España (CONCAES) Obxectivo xeral: Diálogos restaurativos é un programa de Xustiza Restaurativa que se realiza con persoas penadas. Reúne a vítimas (ou representantes da comunidade) e persoas infractoras non relacionadas para discutir o delito e o seu impacto. Prazo: 18/01/2023 - Indefinido Axenda 2030. Axentes de cambio Entidade promotora: UNIVERSIDADE DE VIGO Obxectivo xeral: As persoas voluntarias, logo de recibir unha formación, darán a coñecer entre os estudantes da Universidade de Vigo a través dunha serie de actividades a Axenda 2030. Esta Axenda, aprobada pola Asemblea de Nacións Unidas en 2015, é un plan de acción global centrado no planeta e nas persoas que busca avanzar na prosperidade, na xustiza e na paz universal a través de implementación de 17 obxectivos, os denominados Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) 1../.. Prazo: 04/03/2022 - Indefinido Clases de apoio escolar a menores en risco de exclusión social Entidade promotora: ASDEGAL (ACCIÓN SOLIDARIA DE GALICIA) Obxectivo xeral: Promover o desenvolvemento socieducativo de menores procedentes de familias en risco de exclusión social. A finalidade é que estes menores teñan as mesmas oportunidades que os demais e afronten un futuro cun bo nivel académico e aproveiten ao máximo a súa educación formal, xa que a educación é unha das ferramentas principais para minorar as situacións que os colocan en risco de exclusión social. Prazo: 24/01/2022 - Indefinido Dorotea Entidade promotora: Fundación Baiuca Verdescente Obxectivo xeral: - Combater a soidade non buscada na comarca do Deza. - Xerar dinámicas de compromiso social e voluntariado na comarca do Deza. Prazo: 30/11/2021 - Indefinido A miña horta é a túa Entidade promotora: Fundación Baiuca Verdescente Obxectivo xeral: Acadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego. Prazo: 30/11/2021 - Indefinido Acción coeducativa mediante o método Scout Entidade promotora: Federación Scouts de Galicia Obxectivo xeral: Acción coeducativa de mozos e mozas, de 8 a 18 anos, por medio do método scout Prazo: 24/03/2022 - Indefinido Educando no tempo libre no Grupo Scout Ilex 695 Entidade promotora: ASOCIACION GRUPO SCOUT ILEX Obxectivo xeral: Educar na liberdade, a xustiza, a solidariedade e a responsabilidade persoal e comunitaria, no marco da convivencia, o respecto e o servizo. Prazo: 25/10/2021 - Indefinido