EMAU APRENDE+
| Nome | EMAU APRENDE+ |
| Obxectivo xeral | - Favorecer o desenvolvemento e reforzo das competencias instrumentais básicas do alumnado do EMAU. - Promover a inclusión e a participación activa do alumnado con discapacidade intelectual na comunidade universitaria. - Crear espazos de aprendizaxe compartida entre o alumnado do EMAU e o alumnado universitario voluntario. |
| Obxectivo específico | - Reforzar as competencias de lectura, escritura e cálculo funcional adaptándoas ás necesidades de cada estudante. - Apoiar o alumnado na adquisición de estratexias que favorezan a súa autonomía e aprendizaxe significativa. - Potenciar a confianza, a motivación e a participación do alumnado do EMAU nas actividades académicas. - Facilitar ao alumnado universitario experiencias de voluntariado, sensibilización e inclusión, promovendo relacións baseadas na colaboración e no respecto á diversidade. |
| Entidade promotora | Vicerreitoría de Oferta Académica |
| Data inicio | 13/10/2026 |
| Data fin | 31/05/2027 |
| Persoas destinatarias | |
|
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | Estudantes de calquera titulación da UVigo, co seguinte perfil: - Sensibilidade e compromiso coa inclusión, a diversidade e a igualdade de oportunidades. - Interese por colaborar con persoas con discapacidade intelectual e contribuír á súa participación plena na vida universitaria. - Actitude aberta, empática, respectuosa e paciente, capaz de adaptarse aos diferentes ritmos e necesidades de aprendizaxe. - Disposición para establecer unha relación de apoio, acompañamento e colaboración entre iguais, evitando actitudes paternalistas. - Capacidade para traballar de maneira responsable e coordinada co equipo do EMAU, seguindo as orientacións e pautas facilitadas polo programa. - Motivación polo voluntariado e polo compromiso social, entendendo a experiencia como unha oportunidade de aprendizaxe mutua e de enriquecemento persoal e universitario. |
| Funcións voluntariado | - Apoiar individualmente ao alumnado do EMAU no reforzo das competencias instrumentais básicas. - Adaptar as actividades aos diferentes ritmos e necesidades de aprendizaxe. - Motivar e acompañar o alumnado, favorecendo a súa autonomía e confianza. - Colaborar co equipo do EMAU seguindo as súas orientacións e pautas de intervención. |
| Actividades | - Sesións de reforzo de lectura, escritura e cálculo funcional. |
| Ten contacto con menores | Non |
| Tempo adicación | Sesións de 1 hora á semana que pode dividirse en dous días (30 min/ dia), cun total dun máximo de 30 horas ao longo do curso académico. |
| Lugar realización | Nas instalacións da Universidade de Vigo, principalmente nos espazos onde se desenvolva o programa EMAU nos campus de Vigo (Fac. CC Xurídicas e do Traballo) ou Ourense (Fac. CC Empresariais e Turismo), e en coordinación co equipo responsable do programa. |
| Observacións | Non é necesario contar con formación específica previa en discapacidade ou educación. A persoa voluntaria contará co acompañamento e orientación do equipo do EMAU para desenvolver adecuadamente as funcións de apoio académico. Coordinadoras: Maruxa Álvarez Jiménez e Reyes Fernández González Telf. 986 818 710 unidiversidade@uvigo.gal |
| Coordinadores | |
|
Maruxa Álvarez Jiménez: |
|