Secretaría Uvigo

Festival Internacional de Cinema Novos Cinemas de Pontevedra

NomeFestival Internacional de Cinema Novos Cinemas de Pontevedra
Obxectivo xeral• Promover a participación activa da comunidade universitaria na organización e desenvolvemento do Festival Internacional de Cinema Novos Cinemas de Pontevedra.
• Fomentar o interese pola cultura cinematográfica e a creación audiovisual contemporánea.
• Facilitar a colaboración altruísta nun evento cultural e achegar o cinema independente ao público.
Obxectivo específico• Apoiar o desenvolvemento das proxeccións e actividades do festival.
• Contribuír á difusión das actividades e ofrecer ás persoas voluntarias unha experiencia de participación e aprendizaxe sobre a organización dun festival cinematográfico, fomentando o traballo en equipo e o compromiso coa cultura.
Entidade promotoraASOCIACION CULTURAL E CINEMATOGRAFICA NOVOS CINEMAS
Data inicio10/11/2026
Data fin 15/12/2026
Persoas destinatarias
Infancia
Xuventude
Persoas maiores
Muller
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Minorías étnicas - persoas migrantes
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado• Non se require titulación ou formación específica.
• Ter interese polo cinema e a cultura,
• Ter capacidade de organización, habilidades comunicativas e disposición para traballar en equipo.
• Sen ser requisito necesario, poderán valorarse coñecementos de:
fotografía, vídeo, comunicación dixital
inglés para a atención a persoas convidadas internacionais.
Funcións voluntariado• Colaborar na información e orientación do público:
• sobre horarios, espazos e programación;
• preparación e organización de materiais e espazos;
• apoio loxístico en proxeccións, presentacións e coloquios.
• Recepción e apoio nos accesos ás salas:
• orientación de persoas convidadas e profesionais;
• apoio á fotografía, vídeo e difusión de contidos (segundo as aptitudes de cada persoa)
Actividades• Recepción e orientación das persoas asistentes.
• Información sobre a programación e localizacións,
• Colaboración no control de accesos e aforos seguindo as indicacións do persoal responsable.
• Preparación e reorganización dos espazos,
• Apoio durante as proxeccións e coloquios, e asistencia loxística ás actividades.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónEn quendas acordadas coa persoa voluntaria, adaptadas á programación e á súa dispoñibilidade, en horario de mañá e/ou tarde durante o período do festival.
Lugar realizaciónNa cidade de Pontevedra nas seguintes sedes:
Sede Afundación Pontevedra
Cinexpo Galicine
Museo de Pontevedra
Casa das Campás de Pontevedra
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Facultade de Comunicación de Pontevedra
Fundación RAC
Sala Zennet
ObservaciónsAs actividades de voluntariado desenvolveranse do 1 ao 15 de decembro de 2026
Coordinadores

Andrés Froiz Guede:
645 771 377 / secretaria@novoscinemas.com
luns a venres de 9:00 a 14:00