Secretaría Uvigo

Bancos de reciclaxe electrónica con software libre da Universidade de Vigo

NomeBancos de reciclaxe electrónica con software libre da Universidade de Vigo
Obxectivo xeral• Promover o software libre e a soberanía dixital.
• Reutilizar equipos electrónicos para aumentar a súa vida útil, diminuír os residuos e a extracción de materiais, e promover a electrónica ética.
• Contribuír á redución da fenda dixital e da desigualdade educativa e do acceso ás TIC.
Obxectivo específicoCreación e mantemento de Bancos de Reciclaxe nas tres cidades onde a Universidade de Vigo ten campus: Vigo, Pontevedra e Ourense.
Entidade promotoraASOCIACIÓN ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS GALICIA (ESF)
Data inicio10/11/2026
Data fin
Persoas destinatarias
Infancia
Xuventude
Minorías étnicas - persoas migrantes
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado. Sen perfil predeterminado
. Persoas interesadas en aprender a reparar e reutilizar equipos electrónicos
. Persoas interesadas en divulgar e promover a electrónica ética
Funcións voluntariado. Busca de equipos, preparación e entrega a entidades, familias ou particulares.
. Divulgación e visibilización dos bancos de reciclaxe electrónica.
Actividades• Organización e loxística dos bancos de reciclaxe electrónica.
• Apoio na definición de protocolos e revisión destes.
• Apoio na procura de doazóns de equipos (sobre todo con facultades e escolas da UVigo)
• Recepción e clasificación de equipos.
• Preparación de equipos a nivel hardware.
• Borrado de datos se fose necesario
• Proba de software con distintas distribucións (sempre software libre) e aplicacións.
• Contacto con entidades e persoas demandantes de equipos.
• Entrega e formacións ao receptores.
• Actividades de divulgación dos bancos: obradoiros de reparación colectiva/Repair Cafés, exposicións...
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónDe 1 a 4 horas por semana.
Lugar realizaciónEscola de Enxeñaría de Telecomunicación-Vigo, Centro Internacional de Creatividade Maruxa Mallo- Pontevedra, Escola Superior de Enxeñería Informática-Ourense, e noutras facultades ou escolas cando se realicen actividades divulgativas.
Observacións
Coordinadores

Sergio Fernández Alonso:
881011479 / sergio.fernandez@isf.es
Adaptable previa cita vía email

Martina Páramos Rial:
722 716 870 / martina.paramos@isf.es
Adaptable previa cita vía email