Secretaría Uvigo

UVigo para todas as persoas: Camiños cara á inclusión universal nos centros

NomeUVigo para todas as persoas: Camiños cara á inclusión universal nos centros
Obxectivo xeralRealizar unha auditoría social e participativa de accesibilidade que permitirá detectar puntos críticos e garantir que os desprazamentos entre aulas, bibliotecas e áreas comúns sexan totalmente seguros e autónomos.
Un grupo de voluntarios percorrerá os centros universitarios de cada campus desde a perspectiva de persoa usuaria, identificando e validando os percorridos máis accesibles que conectan os servizos estratéxicos.
Obxectivo específico• Identificar os elementos de accesibilidade vertical e horizontal: realizar un inventario nos percorridos principais en cada centro.
• Deseñar un mapa de itinerarios preferentes.
• Identificar barreiras físicas e arquitectónicas.
• Optimizar a sinalética e a orientación espacial.
• Fomentar a sensibilización e a participación comunitaria
Entidade promotoraVICERREITORÍA DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA
Data inicio26/02/2026
Data fin
Persoas destinatarias
Poboación en xeral
Persoas con diversidade funcional e/ou intelectual
Persoas maiores
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariado- Pertencer á comunidade universitaria da UVigo.
- Persoas comprometidas, con capacidade de observación, de análise crítica e que saiban traballar en equipo.
- Non se precisa formación específica nin coñecementos previos: se facilitará formación inicial sobre os criterios de accesibilidade a avaliar.

Se valorará positivamente:
. ter interese pola inclusión social, a igualdade de oportunidades, a diversidade funcional e a mellora dos espazos universitarios.
. ter empatía para comprender as necesidades de diferentes perfís de usuarias (persoas con mobilidade reducida, diversidade sensorial, terceira idade, etc.).
. o manexo básico de dispositivos móbiles para a toma de datos, fotografías
Funcións voluntariado• Percorrido de validación en tempo real: testar os camiños que conectan os servizos para avaliar a fatiga, o tempo empregado e a facilidade de uso.
• Identificación e trazado de itinerarios preferentes: definir cales son as rutas máis limpas de obstáculos que conectan as entradas coas zonas principais.
• Documentación fotográfica de rutas accesibles: para facilitar a súa posterior identificación visual nas futuras rutas accesibles dos centros.
• Rexistro de alternativas de paso.
• Realización de medicións e comprobacións físicas. :
• Identificación de puntos críticos: mobiliario mal colocado, fochancas, chanzos illados,.. que interrompan o itinerario.
• Verificación de autonomía na orientación.
• Recollida de propostas de mellora.
• Accións de interlocución para a mellora do centro: axudando a visibilizar as rutas que mellor funcionan.
Actividades- As persoas voluntarias realizarán percorridos polos distintos centros e facultades da Universidade de Vigo.
- A actividade principal consiste nunha validación participativa da experiencia de uso dos espazos.
- As tarefas a desenvolver serán:
. Percorrido guiado de recoñecemento: realizar traxectos a pé (ou en dispositivos de mobilidade persoal) polas rutas que conectan os servizos principais (entradas, aulas,
bibliotecas, aseos e cafetarías).
. Identificación visual de itinerarios: localizar e documentar as rutas que resulten máis cómodas e sinxelas de seguir.
. Anotación de observacións: rexistrar impresións sobre a facilidade para orientarse (sinalética) e a comodidade nos puntos de atención ao público.
. Xuntanzas de retorno e presentación de conclusións: o voluntariado explicará directamente a súa experiencia e as conclusións obtidas durante os percorridos.
Ten contacto con menoresNon
Tempo adicaciónAs persoas voluntarias poderán sumarse ás xornadas que mellor se axusten á súa dispoñibilidade. Non obstante, a actividade estará suxeita a unha programación pactada previamente coas direccións e decanatos de cada centro, co fin de coordinar as visitas e as reunións de xeito institucional.
Unha vez establecida a xornada de participación (xa sexa para o estudo de campo ou para a sesión de retorno de conclusións), o tempo estimado de dedicación será de aproximadamente 5 horas por sesión.
Lugar realizaciónNos centros, escolas e facultades dos tres campus da Universidade de Vigo: Campus de Vigo (Lagoas-Marcosende e cidade), Campus de Pontevedra (Xunqueira e cidade) e Campus de Ourense (campus norte e sur). Os percorridos realizaranse no interior dos edificio
ObservaciónsAo inicio do programa, darase unha capacitación sobre:
. as pautas básicas para identificar e rexistrar estas impresións,
. como comunicar de xeito eficaz as conclusións nas reunións de retorno.
. os conceptos de accesibilidade universal.
As actividades teñen un carácter formativo e de sensibilización.
Coordinadores

Raquel Rey Vilas:
647 343 033 / infodiversidade@uvigo.gal
Luns a Venres de 8:00 a 15:00 h

Jacinto Lareo Jiménez:
645 943 371 / jlareo@uvigo.gal
Luns a Venres de 9:00 a 15:00 h