Campamento Agarimos
| Nome | Campamento Agarimos |
| Obxectivo xeral | • Transmitir os fins e valores de Acougo • Definir e consolidar programas de voluntariado para dar respostas ás necesidades sociais. • Xerar un espazo de formación para as persoas voluntarias sobre acollemento familiar e o sistema de protección. • Sumar persoas ao proxecto de Acougo. • Fortalecer o traballo sobre o acollemento familiar a través do voluntariado. |
| Obxectivo específico | • Fomentar valores de corresponsabilidade, igualdade, inclusivos e non discriminatorios. • Proporcionar as nenas e nenos experiencias lúdicas e sociais positivas. • Fomentar a cohesión grupal para mellorar as dinámicas de relación entre os participantes. • Ofrecer conciliación para as familias acolledoras. • Establecer vínculos positivos entre as nenas e nenos en acollemento e as persoas de referencia nesta experiencia. |
| Entidade promotora | ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA (ACOUGO) |
| Data inicio | 20/03/2026 |
| Data fin | |
| Persoas destinatarias | |
|
Infancia |
|
| Descrición da actividade voluntaria | |
| Perfil voluntariado | • Interese por participar activamente na mellora das condicións de vida destes colectivos • Sensibilidade especial coa infancia e a adolescencia • Identificación cos obxectivos, fins e misión de Acougo. • Capacidade de traballo en equipo. • Dispoñibilidade e motivación para realizar voluntariado. |
| Funcións voluntariado | Apoio ás labores das persoas monitoras e acompañamento dun neno ou dunha nena |
| Actividades | Actividades propias da preparación e realización dun campamento sempre supervisadas e acompañadas de persoal técnico de Acougo. |
| Ten contacto con menores | Si |
| Tempo adicación | Do 21 de xuño ao 27 de xuño |
| Lugar realización | Albergue Xuvenil Área Viveiro |
| Observacións | Agarimos é un campamento pensado por e para as crianzas do sistema de protección especialmente para os nenos e nenas en acollemento residencial que se levará a cabo do 21 de xuño ao 27 de xuño de 2026 no Albergue Xuvenil "Area"- Viveiro O obxectivo principal é proporcionar ás crianzas unha experiencia onde sexan o máis especial e importante para alguén que vai participar no campamento de xeito voluntario, porque neste campamento cada crianza ten en exclusiva a unha persoa para acompañala, coidala e desfrutar xuntas. |
| Coordinadores | |
|
Natalia Gómez Bayón: |
|