Secretaría Uvigo

Embaixadores da UVigo

NomeEmbaixadores da UVigo
Obxectivo xeralPrograma destinado a estudantes da Universidade de Vigo para dar apoio as actividades organizadas pola Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade destinadas ao estudantado preuniversitario e ao estudantado matriculado na Uvigo.
Obxectivo específicoParticipar nas actividades de captación que organiza a UVigo para o estudantado preuniversitario, informar ao estudantado universitario sobre os programas que a UVigo ofrece en materia de emprego e emprendemento e apoiar nas actividades de divulgación científica.
Entidade promotoraVICERREITORIA DE ESTUDANTADO E EMPREGABILIDADE
Data inicio01/09/2024
Data fin
Persoas destinatarias
Xuventude
Descrición da actividade voluntaria
Perfil voluntariadoEstudantado de grao e de mestrado da UVigo
Funcións voluntariado- Apoio nas feiras de orientación académica organizadas tanto na Universidade como fóra dela.
- Colaborar nas visitas guiadas que os centros de educación secundaria realizan á UVigo.
- Participar nas charlas de orientación xerais e específicas que se realizan nos centros de educación secundaria.
- Informar ao estudantado universitario sobre os programas que a Universidade ofrece en materia de emprego e emprendemento.
- Apoio a feiras de emprego organizadas tanto na Universidade como fora dela.
- Apoio as actividades de divulgación organizadas pola Unidade de Cultura Científica dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta (anualmente entre setembro e xullo) e da Noite Galega das Persoas Investigadoras: as G-Night (cada ano o último venres de setembro).
- Apoio na organización e desenvolvemento de eventos de divulgación científica, feiras e actividades, tanto no ámbito da Universidade como fóra dela.
- Participación en actividades didácticas de apoio a obradoiros, visitas guiadas ou demostracións científicas.
Actividades- Nas feiras/xornadas: apoio para organizar os stands, entregar folletos, distribuír e acompañar os asistentes e contar as súas experiencias na universidade.
- Nas visitas guiadas: colaborar nas visitas ás facultades e escolas da Universidade contando a súa experiencia como estudante universitario.
- Nas charlas: participar na difusión das titulacións de grao, os servizos e instalacións e a vida universitaria da Uvigo.
- Charlas ao estudantado sobre os programas que a Universidade ofrece en materia de empregabilidade: orientacion laboral, formación para o emprego, ofertas de emprego, emprendemento.
-Atención en puntos de información en facultades/escolas sobre o pasaporte de empregabilidade.
-Apoio para a organización de stands, inscricións, entrega de credenciais, distribución e acompañamento de asistentes en feiras de emprego.
-Nas feiras científicas: colaborar coa UCC+i nas tarefas de apoio organizativo e loxístico,
acompañamento e atención ao público.
-Nas visitas e obradoiros científicos: colaborar coa UCC+i nas tarefas de atención ao público.
Ten contacto con menoresSi
Tempo adicación- 6 h por día de feira/xornada
- 2 h por visita guiada de captación.
- 2 h por charla de captación ou emprego.
- 4 horas por atención en punto de información ao emprego.
- 6 horas por atención en cada feira de emprego.
- 6 horas por feira de divulgación científica
- 2 horas por visita ou obradoiro científico
Lugar realizaciónCentros da Universidade de Vigo ou centros educativos de educación secundaria e FP dependendo da actividade a realizar.
ObservaciónsHoras de formación previa de 6 horas .

Coordinación:
Captación: Ana Caamaño Martínez- Técnica de captación de alumnado-
Teléfono: 986 130 270 - mail: tecnica.captacion@uvigo.gal
Emprego: Maruxa Álvarez Jiménez- Directora Área de Emprego e Emprendemento Teléfono: 986 818 710 - mail: emprego@uvigo.gal
Divulgación científica: Elena Muíños Martínez, Ana Costa Montes e Karina Rivero Conde- Técnicas de apoio á Investigación
Teléfono: 986 130 263 - mail: ucc@uvigo.gal

Horario de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.
Coordinadores

Maruxa Álvarez Jiménez:
986818710 / emprego@uvigo.gal
De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas

Ana María Caamaño Martínez:
986 130270 / tecnica.captacion@uvigo.gal
09 - 14 horas

Karina Rivero Conde:
986130 263 / ucc@uvigo.gal
de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas