Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
Dende 2010, a Universidade de Vigo rende contas anualmente sobre a súa acción social a través da Memoria de Responsabilidade Social (RSU), a cal vai máis aló do cumprimento da normativa e implica a realización de actividades nas dimensións económica, ambiental e social da súa contorna máis próxima. O rendemento de contas da Universidade de Vigo vén guiado polos principios de ética, gobernanza, compromiso social, respecto ao medio ambiente, promoción dos dereitos humanos e valores democráticos.
Metodoloxía
Para a realización das Memorias de RSU, a Universidade de Vigo aplica, a partir de 2015, os principios establecidos polo Global Reporting Inicitive (GRI), inserida no Pacto Social Mundial, e ao que nos atopamos adheridos como institución. Estes principios son os de precisión, equilibrio, claridade, comparabilidade, exhaustividade, contexto de sostibilidade, puntualidade e verificabilidade segundo o establecido no actual estándar universal GRI 1.
Seguindo estes principios, a memoria contén unha declaración da persoa responsable da toma de decisións da organización, un perfil da mesma, os aspectos materiais identificados e a cobertura da mesma, a participación dos grupos de interese, a estrutura do goberno corporativo, o ámbito ético e de integridade da institución, así como as dimensións económica, ambiental e social.
Aplicando os indicadores do GRI conséguese proporcionar un marco recoñecido a nivel internacional para a presentación de información e datos, permitindo a medición e comparación do desempeño económico, ambiental e social.
Na edición 2022 faise unha nova adaptación de acordo co estándar universal GRI 1: Fundamentos 2021, o cal presenta o propósito e o sistema dos Estándares GRI e explica os conceptos claves para elaborar informes de sostibilidade, co estándar universal GRI 2: Contidos xerais 2021, que inclúe os contidos que a organización utiliza para presentar información sobre a súas prácticas de elaboración de informes e detalles organizacionais,..., e co estándar universal GRI 3: Temas materias 2021, o cal ofrece orientacións para que as organizacións determinen os temas materiais e o uso de estándares sectoriais no proceso de redación dos informes de sostibilidade (+ info).
De conformidade cos requirimentos establecidos no estándar GRI 1, na memoria de responsabilidade social publícase no anexo 1 un índice de contidos GRI (requirimento 7) e no apartado 1.3 Alcance e cobertura da memoria de responsabilidade social a declaración de uso (requirimento 8).
Índice de contidos GRI
Declaración de uso: As memorias de responsabilidade social elabóranse cunha periodicidade anual. A primeira memoria toma por base o ano 2010 con datos do curso académico 2009/2010, e así sucesivamente ata a última publicada sobre o desempeño acadado no curso 2022/2023.
Por outra banda, é preciso notificar a GRI (requirimento 9) a utilización dos estándares.
Notificación uso estándares na memoria edición 2023 e anteriores (ver ficheiro)
Tamén se fai a publicación da nosa Memoria de Responsabilidade Social no Sistema de Memorias de Responsabilidade Social do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Notificación publicación RSU Sistema de Memorias de Responsabilidade Social 2022 (ver ficheiro).
-
Documentos adxuntos :
- Memoria RSU 2023 ( pdf, 6.940,14 KB. )
- Resumo memoria RSU 2023 ( pdf, 4.496,33 KB. )
- Memoria RSU 2022 ( pdf, 15.876,19 KB. )
- Resumo memoria RSU 2022 ( pdf, 3.241,81 KB. )
- Memoria RSU 2021 ( pdf, 3.432,92 KB. )
- Resumo memoria RSU 2021 ( pdf, 888,70 KB. )
- Memoria RSU 2020 ( pdf, 4.893,76 KB. )
- Resumo Memoria RSU 2020 ( pdf, 900,31 KB. )
- Memoria RSU 2019 ( pdf, 9.174,10 KB. )
- Resumo Memoria RSU 2019 ( pdf, 463,01 KB. )
- Memoria RSU 2018 ( pdf, 3.929,65 KB. )
- Resumo Memoria RSU 2018 ( pdf, 468,79 KB. )
- Memoria RSU 2017 ( pdf, 4.408,00 KB. )
- Memoria RSU 2016 ( pdf, 4.498,47 KB. )
- Memoria RSU 2015 ( pdf, 3.470,31 KB. )
- Memoria RSU 2014 ( pdf, 3.276,06 KB. )
- Memoria RSU 2013 ( pdf, 4.886,78 KB. )
- Memoria RSU 2012 ( pdf, 2.420,28 KB. )
- Memoria RSU 2011 ( pdf, 1.027,91 KB. )
- Memoria RSU 2010 ( pdf, 11.555,48 KB. )
- Metodoloxía memoria RSU ( pdf, 192,77 KB. )
- índice de contidos memoria RSU ( pdf, 193,37 KB. )
- Notificación publicación memoria RSU Sistema de Memorias de Responsabilidade Social. ( pdf, 332,34 KB. )
- Estándar GR1: Fundamentos_requirimento 9 ( pdf, 143,96 KB. )