Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.

A Responsabilidade Social Universitaria (RSU) na Universidade de Vigo
Xa no século pasado, ás dúas misións que fundaron a lexitimidade das universidades –docencia e investigación- uníuselle unha terceira relacionada co compromiso da transformación do coñecemento xerado a través da investigación académica en valores sociais e económicos.
A responsabilidade social preséntase como unha ferramenta de xestión avanzada na procura da necesaria comunicación da nosa institución coas partes interesadas (estudantes, PDI, PAS, sociedade...) tendo como horizonte os principios reitores dos valores éticos, sociais e de conservación medioambiental do que a nosa institución presume.
Máis información sobre a Responsabilidade Social da Universidade de Vigo pode ser consultada nas seguintes ligazón:
A Responsabilidade Social e a Axenda 2030
Política ambiental da universidade
Directrices de contratación e compra ética sostible
Directrices ambientais e boas prácticas para obras
Na parte inferior desta páxina pode consultar Memoria RSU e diferentes informes de rankings de sostibilidade da Universidade de Vigo.