Secretaría Uvigo
.::Portal de transparencia da Universidade de Vigo::.
Dende a súa primeira edición, no ano 2019, a Universidade de Vigo participa no THE Impact Ranking, que ten como obxectivo medir o impacto das universidades na sociedade e o seu éxito no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) relacionados coa Axenda 2030 das Nacións Unidas. Esta axenda marca 17 ODS e funciona coma unha guía para abordar os desafíos mundiais máis acuciantes: acabar coa pobreza e promover a prosperidade económica, a inclusión social, a sostibilidade medio ambiental, a paz e bo goberno para todos os pobos para o 2030.
Para poder participar en dito ranking é preciso aportar datos e evidencias obrigatoriamente, alo menos, no ODS 17 – Alianzas para lograr os obxectivos e en tres ou máis do resto de ODS.
A participación neste ranking ten por obxectivo coñecer o desempeño da Universidade de Vigo no seu aliñamento co cumprimento dos ODS da Axenda 2030.
Na edición do 2023 a súa posición é no grupo 101-200 sendo a mellor puntuación optida en educación de calidade, na que se atopa no posto 8.
Últimas novas na prensa:
Máis información:
- THE University Impact.
- ODS na Universidade de Vigo.
- "As publicacións científicas da Universidade de Vigo relacionadas cos obxectivos de desenvolvemento sostible".
- "Desenvolvemento sostible e ODS nas publicacións científicas"
Abaixo pode ver o informe sobre o posicionamento nos ODS nos que participou a Universidade de Vigo.
-
Documentos adxuntos :
- 2024 informe THE University Impact Ranking ( pdf, 2.406,21 KB. )
- 2023 Informe THE University Impact Ranking ( pdf, 2.519,52 KB. )
- 2022 Informe THE University Impact Ranking ( pdf, 1.559,27 KB. )
- 2021 Informe THE University Impact Ranking ( pdf, 2.357,53 KB. )
- 2020 Informe THE University Impact Ranking ( pdf, 801,39 KB. )