Secretaría Uvigo

Bolsas de Formación das Unidades e Áreas 2021/2022

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Unidades e Áreas
Data inicio solicitudes22/06/2021
Data fin solicitudes26/07/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23260174
Descripción

OBXECTO:

Fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

DURACIÓN E DESENVOLVEMENTO DO PERÍODO FORMATIVO:

A duración máxima do período formativo será de 8 meses e medio, non se iniciará antes do 15 de outubro de 2021 e finalizará o 30 de xuño de 2022.

O número de horas de colaboración será de 15 horas semanais para as bolsas-15 e de 10 horas semanais para as bolsas-10

CONTÍA:

  • 360 €/mes bolsas 15 horas/semanais
  • 240 €/mes bolsas 10 horas/semanais
Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente permanente en España a 31 de decembro de 2020 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado en centros propios no curso 2021/2022 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de grao ou de mestrado sinaladas no anexo II, no campus no que se opta á bolsa. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 21 de setembro de 2021.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao nos que se Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 26 xullo.
  • Cumprir os demais requisitos específicos sinalados no Anexo Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presenter as actas de xullo segundo o calendario académico é o 26 xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data
Documentacion

SOLICITUDES:

As solicitudes deberán empregar o procedemento SBOL- Bolsas formación en unidades e áreas existente na sede electrónica para este procedemento: https://sede.uvigo.gal/public/catalog-detail/23260174

No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

IMPORTANTE: Así mesmo deberán subir o xustificante de presentación na sede á plataforma do Santander no enlace https://www.becas-santander.com/es/index.html

PRAZO:

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2021 ás 23:59 horas (hora peninsular española). 

DOCUMENTACIÓN:

Deberán subir a seguinte documentación:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Os documentos que correspondan en cada caso segundo os criterios de selección establecidos no anexo II:
    • Cursos relacionados co perfil formativo
    • Currículo
    • Documentación acreditativa doutros méritos establecidos no anexo II

O feito de non achegar a documentación requirida será causa de exclusión.

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria

02/09/2021 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 9 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros e a falta de documentación. Para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Documentos da fase da convocatoria:

30/09/2021 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 7 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións e para tal fin deberán empregar o formulario de alegacións existente na secretaría virtual.

Documentos da fase da convocatoria:

15/10/2021 Resolución de concesión definitiva

Observacións

O alumnado con bolsa concedida deberá entregar a través da sede electrónica (e enviar unha copia a bolsasformacion@uvigo.es) no prazo de tres días desde a publicación da resolución definitiva a seguinte documentación para os efectos da alta na Seguridade Social:

  • Modelo TA2 (Seguridade Social)
  • Modelo 145 (IRPF)

A persoa bolseira presentarase no lugar, día e hora que lle indique a persoa titora mediante comunicación ao enderezo electrónico indicado na solicitude.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás