Secretaría Uvigo

App UVigo

Podes instalar a app da UVigo en calquera dispositivo iOS ou Android buscándoa directamente na tenda de aplicacións ou accedendo a través das seguintes ligazóns:

Ir á FAQ

A día de hoxe podes:

  • Consultar o teu expediente
  • Dispor da túa tarxeta universitaria no móbil
  • Recibir notificacións da actualidade da Universidade de Vigo (bolsas, convocatorias, cursos etc.)
  • Comunicarte cos teus compañeiros e compañeiras de clase e o profesorado

Ir á FAQ

Poderás identificarte na app da UVigo e acceder ao contido personalizado cos mesmos datos cos que accedes á túa secretaría online:

  • Usuario universidade: o número de documento (DNI, NIE, pasaporte etc) co que accedes á túa secretaría online.
  • Password: a clave de acceso á túa secretaría persoal

 

 

IMPORTANTE:
  • Para poder asegurar que o teu perfil está correctamente inicializado, a primeira vez deberás acceder á túa secretaría online mediante un navegador.
  • Para poder usar a app deberás tamén permitir a cesión dos teus datos de expediente aos sistemas de Universia

Unha vez que completes estes dous pasos xa poderás acceder desde a app.

 

Ir á FAQ

A app da UVigo foi desenvolvida en colaboración coa Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) e Universia. Parte da infraestrutura tecnolóxica da aplicación está aloxada nos servidores de Universia.

Para poder consultar o teu expediente a través da app deberás permitir a cesión destes datos a Universia, que é quen os envía á app. A configuración realízase desde a sección "A miña conta" da túa Secretaría.

Ir á FAQ