Secretaría Uvigo

Office 365

O martes 23 de xullo comezará a migración das caixas de correo do alumnado (aquelas que están no dominio @alumnado.uvigo.gal) a Office365.

No documento adxunto tes toda a información relativa a este proceso de migración.

Ir á FAQ

Podes acceder aos servizos de Office 365 coa túa conta persoal (non sirven as contas do posto ou do servizo), pero empregando o dominio "uvigo.gal" en lugar do "uvigo.es" habitual:

  • PAS / PDI / doutoramento: usuario@uvigo.gal
  • Estudantes: usuario@alumnado.uvigo.gal

A primeira vez que accedas deberás aceptar as condicións de uso e a cesión dos teus datos persoais a Microsoft.

Tes máis información na guía "Alta e acceso ós servizos de Office 365".

 

Ir á FAQ

A forma máis sinxela de acceder aos servizos de Office 365 é identificarte na Secretaría virtual mediante o "acceso centralizado". Unha vez dentro, chegará con que premas na icona de Office365 situada na barra de accesos directos e xa non te terás que volver a identificar.

Tamén podes acceder aos servizos de Office 365 conéctandote cun navegador a https://portal.o365.uvigo.gal/ e identifícandote coa túa conta de uvigo (rematada en .gal).

Naqueles casos nos que Microsoft dispoña de aplicación de escritorio para ese servizo (OneDrive, Teams etc.) poderás descargar dende https://portal.o365.uvigo.gal/ a aplicación para instalala no teu PC.

Cando abras a aplicación deberás identificarte coa túa conta ".gal" do mesmo xeito que cando accedes a través dun navegador.

Ir á FAQ

Tes á túa disposición:

Desde a Universidade de Vigo só se atenderán os problemas de activación da conta. Calquera outra cuestión terás que consultala en liña a través da axuda que ofrece Microsoft.

Ir á FAQ

Estes son varios dos servizos dispoñibles:

Servizos para PDI, PAS e estudantes:

  • Office online: Poderás crear documentos de Word, Excel etc. desde o teu navegador,  compartilos e editalos simultaneamente entre varios colaboradores/as.
  • OneDrive.
  • Teams: Ferramenta de chat e videconferencia.
  • OneNote: Permíteche organizar as túas notas.
  • Video, Stream, SharePoint, Sway etc.
  • Descarga de software de escritorio de Office (poderá instalarse ata en 5 dispositivos por usuario/a). Atoparás máis información na páxina de como descargar Office.

Ir á FAQ