¿Como accedo á conta de correo da Universidade de Vigo?

Mediante o webmail da Unversidade de Vigo poderás:

  • activar a túa conta de correo se é a primeira vez que a vas a usar
  • recuperar a túa clave se a esquciches

Para iso terás que:

  1. Coñecer os datos de acceso á túa Secretaría Virtual
  2. Conectarte ao webmail da Universidade de Vigo
  3. Premer na ligazón da columna da dereita ("Axuda")
  4. Identificarte no sistema de identifiación centralizada da Universidade de Vigo mediante un dos seguintes métodos:
    1. Conta de correo (Neste caso é imposible porque non coñeces a clave)
    2. NIU - Datos de acceso á secretaría virtual (documento de identidade + NIU + clave de acceso secretaría virtual)
    3. DNI electrónico

Dispós tamén dun manual paso a paso de como establecer unha nova clave á túa conta de correo.

 

Atrás