Preguntas relacionadas co teletraballo debido á covid-19
Para o PDI
Necesitarás un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet. Posto que as aplicacións son vía web, non será necesaria a instalación de ningún software adicional.
Aplicacións de xestión
As aplicacións de xestión máis habituais están dispoñibles vía web:
- Secretaría virtual
- Secretaría virtual do PDI
- Pedidos, xustificantes
- Enquisas
- Certificados
- Etc.
- Xescampus
Labores docentes
- Plataforma de teledocencia MooVi
- Será a aplicación principal para a realización dos labores docentes e o medio máis sinxelo para contactar co estudantado matriculado na materia.
- Máis información nas FAQ: MooVi (Moodle 2022/2023)
- Videoconferencia
- Empregarase principalmente a ferrramenta Campus Remoto posta en marcha de maneira específica.
- Activarase mediante a petición do profesor ou profesora.
- Permite realizar videoconferencias, compartir presentacións e arquivos con múltiples usuarios e usuarias.
- As dúbidas canalizaranse a través do enderezo: tv@uvigo.es
Para o PAS
Será neceario un ordenador ou un dispositivo móbil conectado a Internet.
Aplicacións vía web
As seguintes aplicacións son vía web, polo que se poden empregar de forma habitual tanto dende a casa como dende a oficina:
- Secretaría virtual
- MUS
- Pedidos, xustificantes
- Vapel
- SUXI
- Etc.
- Xescampus
- Portafirmas
Aplicacións baixo VPN
Para o acceso ás seguintes aplicacións ou servizos é imprescindible configurar unha conexión segura (VPN) e deixar o PC da oficina encendido:
- Meta4 e-Mind
- Acceso á carpeta compartida común
- Servizos da rede Sara (Geiser, SCSP), SEF, Cividas
No caso de necesitar identificarse con certificado dixital nunha aplicación á que se accede por VPN pódese:
- Usar unha TARXETA con CERTIFICADO desde a CASA (require un lector de tarxetas).
- Usar un certificado persoal que xa estea instalado no PC da oficina.
- Usar un certificado persoal e exportalo ao PC do traballo coa axuda dos servizos informáticos.
- Usar o DNI electrónico desde a casa (require un lector).
ATENCIÓN: NON SERVE un lector de tarxetas e unha tarxeta conectada no PC do traballo
O SAUM do teu ámbito indiracache o software de vpn que empregarás.
Se é o Pulse Secure, dende un navegador web conéctate á URL https://savigo.uvigo.es/personal e introduce no portal o teu usuario (usuario@uvigo.es) e o teu contrasinal. Descarga o software de VPN PULSE SECURE e instálao no teu ordenador.
Se é o Global Protect, dende un navegador web conéctate á URL https://pavigo.uvigo.es e introduce no portal o teu usuario (usuario@uvigo.es) e o teu contrasinal. Descarga o software de VPN GLOBAL PROTECT e instálao no teu ordenador.
Xa tes listo o software de VPN necesario para conectarte de modo seguro. Ten en conta que só funcionará se es PAS ou PDI.
O proceso de compartir a conexión a conexión a internet que temos nun teléfono móbil con outros dispositivos denomínase Tethering.
Na seguinte guía tes o proceso paso a paso de como activar o teu móbil como punto de acceso Wi-Fi para conectarte dende o teu PC ou tablet.
O Servizo de Prevención de Riscos Laborais redactou un pequeno manual con recomendacións para axudarnos a traballar da mellor forma posible desde as nosas casas.
A Secretaría Xeral recolle toda a información actualizada de protección de datos na seguinte ligazón: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos
Arranca a aplicación Pulse Secure que tes instalada no teu ordenador e introduce o teu usuario (usuario@uvigo.es) e o teu contrasinal.
Só terás que darlle á opción Conectar. Ten en conta que só funcionará se es PAS ou PDI.
Si, mentres necesites estar conectado. Cando remates, desconecta a conexión segura e así deixarás libre o recurso.
Para facer a desconexión, pulsa no botón Desconectar da ventá do Pulse Secure.
Comproba no PULSE SECURE que esteas conectado.
Emprega a tecla de Windows do teu PC e escribe MSTSC no cadro de busca e preme no Intro.
Introduce o enderezo IP do teu equipo e preme no botón Conectar.
Iniciarase a conexión remota e terás que proporcionar as túas credenciais: o teu nome de usuario e o contrasinal que normalmente empregas para empezar a traballar no teu ordenador da oficina.
Só necesitas un ordenador conectado a internet que dispoña dun lector de tarxetas instalado se vas empregar o teu certificado de empregado público ou o teu DNI-e.
Lembra que se empregas o teu certificado persoal, este ten que estar instalado no navegador.
Non. En Cividas identifícaste co teu usuario e o teu contrasinal. Recorda que non debes compartir estes datos con ningúen.
Si. Só se pode empregar Cividas dende a rede da Universidade de Vigo.
Para poder empregalo dende a túa casa, necesitas dispoñer dunha conexión segura.
Revisa as FAQ por se che poden axudar. De non ser o caso, envía un correo electrónico ao enderezo do SAUM que empregas habitualmente no que inclúas, de ser posible, o teu número de teléfono por se cómpre que se poñan en contacto contigo.
Na seguinte ligazón atoparás os enderezos de correo electrónico do SAUM: https://www.uvigo.gal/universidade/servizos-informaticos
O software que se ofrece centralizadamente está dispoñible no portal de software.
Nesta situación, algúns proveedores de software, como Matlab, permiten utilizar MATLAB, Simulink e máis de 90 toolboxes en calquera dispositivo.
Tes máis información no portal de Matlab.