¿Como debo acceder ao sistema de automatrícula?
Elixe o teu caso de entre os seguintes:
-
Comezo na Universidade de Vigo este ano un estudo de grao, mestrado, doutoramento, ou un programa de maiores), e quero matricularme en:
- Grao: Dependendo da túa situación particular tes que acceder polo portal de estudante correspondente:
- se es un estudante de novo acceso, que nunca estiveches matriculado/a na nosa Universidade, e polo tanto non tes conta, tes que entrar porlo acceso "Matrícula en primeriro curso de grao por primeira vez".
- pola contra, se xa fuches estudante na Universidade de Vigo, e xa tes ou tiveches conta de usuario na nosa secretaría virtrual, tes que acceder polo "Acceso Centralizado".
- Mestrado (tanto coma para a preinscrición e a matrícula).
- se es un estudante de novo acceso, que nunca estiveches matriculado/a na nosa Universidade, e polo tanto non tes conta, tes que entrar porlo acceso "Non estou no caso anterior e aínda non teño conta na uvigo" do portal académico, rexistrarte no portal e despois, dende ese mesmo enlace, iniciar sesión.
- pola contra, se xa fuches estudante na Universidade de Vigo, e xa tes ou tiveches conta de usuario na nosa secretaría virtrual, tes que acceder polo "Acceso Centralizado".
- Doutoramento (preinscrición e matrícula).
- se es un estudante de novo acceso, que nunca estiveches matriculado/a na nosa Universidade, e polo tanto non tes conta, tes que entrar porlo acceso "Matricularse o Inscribirse en Doutoramento" do portal académico, rexistrarte no portal e despois, dende ese mesmo enlace, iniciar sesión.
- pola contra, se xa fuches estudante na Universidade de Vigo, e xa tes ou tiveches conta de usuario na nosa secretaría virtrual, tes que acceder polo "Acceso Centralizado". E dende "Funcionalidades como estudante" acceder a través do Secretaría virtual do estudante / Automatrícula - Doutoramento e Programa de Maiores:
- Programa de maiores (preinscrición e matrícula).
- se es un estudante de novo acceso, que nunca estiveches matriculado/a na nosa Universidade, e polo tanto non tes conta, tes que entrar porlo acceso "Matricularse o Inscribirse nun programa de maiores" do portal académico, rexistrarte no portal e despois, dende ese mesmo enlace, iniciar sesión.
- pola contra, se xa fuches estudante na Universidade de Vigo, e xa tes ou tiveches conta de usuario na nosa secretaría virtrual, tes que acceder polo "Acceso Centralizado". E dende "Funcionalidades como estudante" acceder a través do Secretaría virtual do estudante / Automatrícula - Doutoramento e Programa de Maiores
IMPORTANTE: Só poderás acceder se existe un prazo de preinscrición ou matrícula activo. Consulta as datas no portal de matrícula.
Máis información
Podes atopar toda a información relativa á matrícula e os prazos da mesma no noso portal de matrícula