Secretaría Uvigo

Acabo de chegar á Universidade de Vigo

Para acceder á secretaría virtual da Universidade de Vigo necesitas ter unha conta de usuario.

a. Como obter a túa conta se es estudante:
Na actualidade as contas créanse de forma automática para o estudantado, ás 24/48 horas de completar a túa matrícula, así que non deberías ter que creala.

Se se produciu algún erro e a túa conta non se creou automaticamente, tes a opción de creala ti mesmo desde a páxina de inicio da secretaría virtual (premendo na ligazón "Crear conta").

b. Como obter a túa conta se es PAS ou PDI:
Podes creala ti mesmo. Deberás utilizar o código de seguridade que che proporcionaron no Servizo de PAS ou no Servizo de PDI ao asinar o teu contrato.

 

Ir á FAQ

Se traballas na Universidade de Vigo ou estás a estudar unha titulación oficial (grao, máster oficial, doutoramento ou unha titulación de primeiro e segundo ciclo: enxeñaría, licenciatura etc.) a túa conta de correo créase de forma automática. Só a terás que activar seguindo os seguintes pasos:

  1. Obtén a túa conta de usuario na secretaría virtual (se aínda non a tes): Na actualidade as contas de usuario da secretaría virtual créanse de forma automática para o estudantado, así que debería chegar con que solicites recuperar os teus datos de acceso. En caso de que sexas empregado ou empregada ou se producise algún erro, tamén dispós da opción de crear unha conta de usuario.
  2. Activa a túa conta de correo: A partir das contas de usuario da secretaría virtual, as contas de correo persoais créanse de forma automática polas noites. Polo tanto, unha vez que teñas a túa conta de usuario da secretaría deberás agardar uns días para activar a túa conta de correo, que podes facer desde o webmail da Universidade de Vigo: http://correoweb.uvigo.es premendo no enlace que pon "Se tes a Tarxeta Universitaria e non coñeces...".


Se esqueceches a clave da túa conta de correo, tes información sobre como recuperala na FAQ "Como accedo á conta de correo da Universidade de Vigo"

Ir á FAQ

Mediante o webmail da Unversidade de Vigo poderás:

  • Activar a túa conta de correo se é a primeira vez que a vas usar
  • Recuperar a túa clave se a esqueceches

Para iso terás que:

  1. Coñecer os datos de acceso á túa secretaría online
  2. Conectarte ao webmail da Universidade de Vigo
  3. Premer na ligazón da columna da dereita ("Se tes a Tarxeta Universitaria e non coñeces...")
  4. Identificarte no sistema de identifiación centralizada da Universidade de Vigo mediante un dos seguintes métodos:
    1. Conta de correo (neste caso é imposible porque non coñeces a clave)
    2. NIU - Datos de acceso á secretaría virtual (documento de identidade + NIU + clave de acceso da secretaría virtual)
    3. Certificado dixital

Dispós tamén dun manual no que se che expplica paso a paso como establecer unha nova clave á túa conta de correo.

 

Ir á FAQ

Para conectarte á wifi de calquera centro da Universidade de Vigo, precisarás ter unha conta de correo tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es.

Unha vez que teñas a túa conta de correo poderás acceder á wifi autenticándote coa túa conta de correo e a túa clave. Por exemplo:

Identificador: usuario@alumnos.uvigo.es
Clave: clave_da_conta_de_correo

NOTA: Por comodidade, recomendámosche empregar a rede eduroam. Só a terás que configurar a primeira vez que accedas e logo poderala usar en calquera universidade ou institución mundial que estea asociada ao proxecto eduroam.

Na sección Conéctate nos campus da web da Universidade de Vigo, atoparás instrucións detalladas de como conectarte a esa rede.

 

Información relacionada:

Ir á FAQ

Para poder solicitar a tarxeta universitaria intelixente terás que cumprir un dos seguintes requisitos:

  • Estar matriculado/a nunha titulación oficial da Universidade de Vigo (grao, mestrado oficial, programa de doutoramento etc.).   
  • Ter un contrato laboral na Universidade de Vigo en vigor

Se cumpres algún dos requisitos anteriores, terás que seguir estes pasos:

  • Comprobar que tes unha conta de usuario na secretaría virtual. Desde a secretaría poderás acceder á túa conta ou crear unha se aínda non a tes. Se non es quen de recuperar os teus datos de acceso, podes solicitar na secretaría de estudantes do teu centro a actualización do teu enderezo electrónico.  
  • Comprobar a emisión da túa tarxeta. Na sección «A miña conta» -> «Tarxetas universitarias» da túa secretaría terás unha listaxe coas TUI emitidas e poderás comprobar os datos cos que se emitirá a nova tarxeta.  
  • Descargar a aplicación AppCRUE. Pódese descargar nos teléfonos dos sistemas Android ou IOS
  • Pedir cita previa e achegarte a un dos puntos de emisión do teu campus (Ourense, Pontevedra, As Lagoas, Marcosende e Vigo cidade). Aí tomaranche unha fotografía e nuns minutos entregaranche a túa TUI. 


Onde e cando?

Durante as primeiras semanas do curso, estarán operativos varios puntos de emisión da tarxeta universitaria intelixente virtual. Para ofrecerlle ao colectivo de estudantes as máximas garantías de seguridade, cómpre solicitar unha cita previa a través do sistema correspondente

Nas seguintes datas atenderánte en calquera dos puntos de emisión do teu campus, situados agora nas oficinas de Rexistro:

  • Campus de Ourense: Edificio Administrativo
  • Campus de Pontevedra: Escola de Enxeñaría Forestal
  • Campus de Vigo: Edifico Exeria

Ir á FAQ

1. Servizo de atención
Se es estudante poderás consultar calquera dúbida ou problema que teñas, en primeira instancia, na secretaría do teu centro. Se aí non che poden das solución, indicaranche onde acudir. No portal de matrícula atoparás unha relación de todos os centros da Universidade de Vigo cos seus datos de contacto.

Se es PAS ou PDI tes aquí a relación de servizos da universidade onde poderás consultar as dúbidas que che xurdan.

 

2. Acceso a servizos en Internet
Para acceder aos servizos que a Universidade de Vigo ofrece a través de Internet precisarás identificarte. Na maioría dos casos esta identificación farase mediante a túa conta na secretaría virtual ou ben mediante a conta de correo de UVigo (@uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es).

Información relacionada: Como consigo unha conta na secretaría virtual da UVigo?

 

3. Secretaría virtual 
Desde a secretaría virtual (http://secretaria.uvigo.gal) poderás iniciar e consultar diversos trámites a través de Internet. Por exemplo, se es estudante tes a opción de consultar o teu expediente, solicitar bolsas propias da Universidade de Vigo e tamén consultar unha sección de axuda con respostasas dúbidas máis habituais.

Se es PAS ou PDI poderás descargar a tua nómina, o certificado de renda ou acceder a tuas listaxes de alumnos e actas.

 

4. Acceso á WIFI
A Universidade de Vigo dispón de wifi en todos os seus centros. Para conectarte só precisarás ter unha conta de correo tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es.

Información relacionada: Como me conecto á wifi da Universidade de Vigo?

 

5. Campus virtual
Podes acceder ao campus virtual da Universidade de Vigo desde o enderezo https://moovi.uvigo.gal. No seu pé de páxina atoparás os datos de contacto para calquera dúbida ou problema.

 

6. Tarxeta universitaria
A Universidade de Vigo, en colaboración co Banco Santander, pon á disposición de todos os membros da comunidade universitaria unha tarxeta universitaria intelixente.

Tes máis información na FAQ sobre a tarxeta universitaria.

 

7. Biblioteca
A Biblioteca da Universidade de Vigo xestiona e pon á disposición da comunidade universitaria un conxunto de recursos e servizos de información para aopiar as súas actividades de aprendizaxe, docencia e investigación.

Está presente nos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo) a través dunha rede formada por once bibliotecas coordinadas pola Biblioteca Central do campus situado en Vigo, nas Lagoas, Marcosende.

 

8. Deportes
A Universidade de Vigo conta cunha ampla oferta de actividades e servizos deportivos nos tres campus. Atoparás toda a información en https://www.uvigo.gal/campus/deporte.

 

9. Cursos de idiomas

O Centro de Linguas promove e desenvolve actividades de formación en linguas modernas atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna.

Toda a información sobre as linguas nas que te poderás formar e acreditar está dispoñible na web http://cdl.uvigo.es.

 

10. Cursos de galego

Os dous idiomas oficiais en Galicia, na universidade e na administración son o  galego e o castelán. A Área de Normalización Lingüística (ANL) organiza desde cursos de formación en lingua galega para o estudantado estranxeiro de programas de intercambio e cursos de acollida para persoas non galegas residentes en Galicia ata cursos de actualización ou perfeccionamento para galegofalantes.

Atoparás toda a oferta de formación en Bubela

Ir á FAQ