Secretaría Uvigo

Novidades

5
Nov
2025
Correos sospeitosos solicitando credenciais de acceso

Estes días estanse a recibir correos solicitando as credenciais de acceso.

A ter en conta

Ten en conta que nunca, nin a uvigo, nin ningunha outra institución ou servizo vai a enviar un correo solicitando as túas credenciais. Este tipo de correos son sempre un fraude.

En caso de que xa introduciras as túas credenciais deberás acceder ao sistema lexítimo e cambiala por outra. Por exemplo, se introduciches o teu correo da uvigo accede a cambiar o contrasinal da túa conta de correo.

Recomendacións básicas de seguridade

  1. Nunca premas nunha ligazón que recibas por email salvo que sexa un correo que sabes de antemán que vas a recibir.
  2. Emprega un xestor de contrasinais, por exemplo KeePassXC.
  3. Nunca empregues o mesmo contrasinal para máis dunha aplicación. Por exemplo, usa un contrasinal para a túa conta de correo UVigo, outro para a de Gmail, outro para a de Amazon, etc.
  4. Usa contrasinais longos e con variedade de caracteres: polo menos 10 caracteres, mesturando maiúsculas, minúsculas, símbolos e números. Podes verificar a calidade dos teus contrasinais empregando ferramentas como: https://www.security.org/how-secure-is-my-password/
  5. Naqueles servizos que o permitan, activa o segundo factor de autenticación.
Atrás