Secretaría Uvigo

Novidades

Novidades do Campus Virtual MooVi para o curso 2025/26

Este curso 2025/26 contamos cunha nova instalación limpa de Moodle, baseada na última versión LTS.

Isto implica que:

  • No MooVi actual só se atopan os espazos para as materias do curso 2025/26, non están as materias de anos anteriores.
  • O profesorado que desexe reutilizar contidos deberá xerar unha copia de seguridade das materias do curso pasado (consulta esta faq) e posteriormente restaurala no Moodle do curso actual (consulta esta faq).
  • As materias de TFM e TFG do curso 2024/25 que continúas con actividade docente seguen accesibles na plataforma do curso pasado.

As materias dos cursos 2022/2023, 2023/2024 e 2024/2025 pódense consultar en:

moovi2022-2025.uvigo.gal 

Agradecemos a vosa colaboración e comprensión neste proceso de actualización, que busca ofrecer un campus máis estable e seguro.

Atrás