Secretaría Uvigo

Programa "Becas Santander Progreso", 2019/2020

TipoBolsa de estudo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020-BS progreso
Data inicio solicitudes15/01/2020
Data fin solicitudes31/03/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5897
Descripción

A Universidade de Vigo e Banco Santander S.A. (no sucesivo “Santander”) teñen asinado un convenio co obxecto de facilitar no curso académico 2019/2020 o acceso á educación superior ao alumnado de Grao e Máster.

Convócanse:

  • 1 bolsa para alumnado coa condición de vítima de violencia de xénero
  • 1 bolsa para alumnado con discapacidade igual ou superior ao 33%
  • 11 bolsas de asignación xeral

As bolsas que non se cubran de colectivos restrinxidos serán acumuladas á asignación xeral.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que teña concedida unha bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) para estudos de Grao ou Máster na Universidade de Vigo no curso 2019/2020.

O estudante terá que ter un dos mellores expedientes da súa titulación no curso anterior e escasos recursos económicos. As bolsas serán adxudicadas de menor a maior renda familiar.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

As bolsas que se establecen nesta convocatoria son compatibles con calquera outra axuda de carácter asistencial de orixe público ou privado, e en concreto coa bolsa de carácter xeral do MEFP.

Documentacion

As persoas que desexen que se lle teña en conta a pertenza a algún dos colectivos sinalados no punto 1 deberán presentar documentación acreditativa.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 31 de marzo de 2020.

Observacións

As persoas solicitantes deberán inscribirse ademais na web do Santander www.becas-santander.com 

Prazo para resolver6 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/tipo/bolsa-estudo
Atrás